_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Raimundo Amador, protagonista estelar da primeira velada do Vilablués, na que tamén actuará The Soul Jacket

Vilagarcía acolle esta fin de semana unha das citas musicais máis importantes e esperadas do ano. Trátase do Festival Internacional de Blues, o “Vilablues” que para a xornada inaugural do venres, 13 de xullo, contará con Raimundo Amador como prato forte dun programa que inclúe a actuación de prestixiosos músicos internacionais e galegos. Dende o venres e ata o domingo, o blues soará por toda a cidade coas actuacións, concertos, baile e jam sessions a celebrar en distintos escenarios da vila.A asistencia é gratuíta.
12.07.2018.- A inauguración oficial do “Vilablues” terá lugar a mediodía na Rúa da Baldosa. Será á unha cando soará o “saxofonazo” co que se abre a fin de semana máis bluseira e internacional do ano. A continuación, e para amenizar á hora do vermú na céntrica zona dos viños actuará a Vilablues Band para ir creando ambiente de cara á noitiña.

A actividade retomarase ás 20:00 horas na Praza da Peixería. Alí, no denominado Espazo Alhambra terá lugar unha sesión de Baile Blues onde todo o que o desexe poderá aprender e practicar algúns pasos cos que acompañar os ritmos máis bluseiros, e o que prefira mirar, tamén pode pasar un bo rato admirando aos bailaríns.

Xa pola noite chega o momento máis esperado desta primeira xornada do Vilablues. No escenario principal da Praza da II República terá lugar o concerto estelar de Raimundo Amador. O pioneiro na fusión da música flamenca co blues, presentará o seu espectáculo “Gipsy Flamenco Blues”, tour no que homenaxea ó seu amigo, admirado guitarrista e bluesman B.B.King, co que tantas veces compartiu escenario. Amador, que se iniciou no musicamente aos 12 anos tocando polas rúas de Sevilla, conta cunha longa e recoñecida traxectoria musical tanto en solitarios como colaborando con outros artistas do panorama nacional e internacional como Camaróan, Paco de Lucía ou Björk, entre outros. En 1977 crea o grupo Veneno, xunto a Quico Veneno e o seu irmán Rafael. En 1981, tamén xunto a Rafael Amador, funda a formación Pata Negra, coa que empeza a darlle vida á fusión famenco-blues, estilo que segue perfeccionando co grupo Arrajatabla nos anos posteriores ata que en 1995 inicia a súa carreira en solitario. Entre as colaboracións máis soadas de Amador, ademais de BB. King, co que compartíu a xira española do americano no ano 2004, cóntanse músicos como Andrés Calamaro, ou Juan Perro.

A actuación de Raimundo Amador comezará ás 23:45 horas pero antes, ás 22.00 horas, no mesmo escenario acturá The Soul Jacket. O grupo galego podería pasar como unha banda de rock sureño como o que se escoita no Mississipi. Recoñecido xa en toda a península, a música de Soul Jacket bebe dunha vasta tradición de blues, country e rock & roll centrada nos Allman Brothers, Bob Dylan e en Fleetwood Mac. Todo bañado pola excelencia instrumental e o bo gusto.

A primeira xornada deste fin de semana do Vilablues 2018 rematará na Praza da Peixería coa Jam Sessión na que participarán distintos músicos do programa a partir das 01.30 horas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -