_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O ClasClás ten garantida a súa continuidade tralo éxito de público e crítica da primeira edición

O ClasClás, Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, ten garantida a súa continuidade despois do éxito de público, que encheu todos e cada un dos concertos, e da crítica, expresada polos profesores e alumnos vindos de varios países do mundo e que non deixaron de gabar non só o recibimento e trato senón as magníficas cualidades da cidade para desenvolver un evento destas características.
12.07.2018. O éxito desbordou as previsións máis optimistas, segundo recoñeceron tanto o alcalde, Alberto Varela, coma a directora do festival e tamén do Conservatorio, Rosina Sobrido. Neste sentido, o rexedor lembrou unha anécdota ben significativa: o propio director artístico, o reputado violinista Guy Braunstein, chegou a ofrecer tocar de novo para as varias ducias de persoas que quedaron fóra do recinto no que actuaba, o que di moito do grao de implicación dos músicos que viñeron de moi diversos países coa proposta vilagarciá.

Na mesma liña abondou Rosina Sobrido, que destacou que alumnos do ClasClas van participar no programa de concertos da Sociedade de Concertos de Milán, cuxa presidenta estivo en Vilagarcía. Igualmente, outra alumna participará noutra actividade en Berlín, onde reside e traballa Guy Braunstein. E aínda máis, segundo anunciou Sobrido: o ano que vén haberá alumnos desta primeira edición que pasarán de ser participantes do YAP (Young Artist Program) a ser mentores.

Tanto o alcalde coma a directora do festival quixeron agradecer a colaboración de distintas institucións e empresas que non dubidaron en apostar por un evento que acaba de comezar. Igualmente, louvaron o traballo dos distintos departamentos e servizos do concello que fixeron posible que se desenvolverán case vinte actuacións en cinco escenarios distintos, e a colaboración da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, que en moi pouco tempo puxo en valor a afección que existe na cidade pola música clásica, o que en parte derivou nesta exitosa primeira edición do Clas-Clas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -