_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O blues máis americano soará o sábado en Vilagarcía da man de Peaches Staten e Leon Beal

O Festival Internacional de Blues de Vilagarcía, o Vilablues, chega o sábado ao seu cumio cunha xornada que contará coa presenza de grandes e recoñecidas figuras do blues americano como Leon Beal, Peaches Staten e Sax Gordon. Pero tamén haberá espazo para os músicos da terra, con Os Lákazans abrindo a velada musical, e mesmo dará tempo a reflexionar sobre o papel de “As mulleres no mundo do blues” antes da jamm session final na que todos os músicos participantes se reunirán para improvisar nun ambiente máis informal e festivo.
13.07.2018.- Os ritmos americanos xa inundarán as rúas de Vilagarcía dende o mediodía do sábado, 14 de xullo, posto que a partir das 13.00 horas, os Alley Stompers percorrerán o centro nun animado pararrúas que nos trasladará á mesma Nova Orleáns, pese a tratarse dunha banda integramente galega.

Dentro dos actos complementarios ao apartado musical, a partir das 20.00 horas, celebrarase noEespazo Alhambra, situado na Praza da Peixería, unha conferencia sobre “As mulleres no blues” na que intervirán o xornalista de Sarria experto en músicas americanas, Manolo Poy, co aompañamento de Sister Marion, pianista de blues barcelonesa.

Pero sen dúbida, o acto central e máis esperado do programa do Vilablues para o sábado e o concerto que se ofrecerá na Praza da II República a partir das 21:00 horas. Abrirá a velada musical The Lákazans, a banda de Boiro creada en 2010 e integrada por Trilli (batería y percusión), Benja (guitarra, slide guitar e mandolina), Almudena (voz), Sabela King (voz), Figui (armónica), Fran Velo (baixo) e Likal (batería). As influencias dos boirenses van do blues máis clásico de artistas como Howlin' Wolf, Muddy Waters ou Hound Dog Taylor ata o soul de Aretha Franklin, Etta James ou Sam Cooke, pasando tambén polo country de Johnny Cash; sen esquecer aos grandes do rock & roll como Bob Dylan, Elvis Presley, Neil Young ou The Rolling Stones.

Tras a actuación dos galegos, o son máis puramehte americano apoderarase da noite vilagarciá co concerto de Leon Beal e Sax Gordon. Con tres álbums lanzados, Leon Beal actuou na Casa Branca para os expresidentes Barack Obama e Bill Clinton. A súa poderosa voz soará co acompañamento ao vento de Sax Gordon. O saxofonista procedente de Detroit gañou en tres ocasións o premio ao mellor intérprete de blues da French Euroblues Agency e foi nominado en catro ocasións os W.C. Handy Awards, os premios máis importantes de blues a nivel mundial, como mellor instrumentista de vento. Na súa traxectoria figura participar en xiras dos Rolling Stones, BB King ou os irmáns Neville. Os seus impresionantes solos fixeron que artistas coma Solomon Burke, Ben E King o Martha Reeves, entre moitos, quixeran actuar con el.

Leon Beal& Sax Gordon tocarán mañá acompañados da Vilablues Band.
O broche de ouro do concerto porao unha diva mundial do blues: Peaches Staten, unha muller cunha personalidade explosiva e unha voz descarnada coas que emociona e atrapa ao público. Procedente de Chicago, esta muller de voz e alma negra nacida en Doddsville, Mississipi, ten as súas orixes musicais nos coros de música gospel da igrexa Evanxélica. A súa nai formaba parte dun club social que organizaba concertos con grandes do Blues e o seu padrasto era DJ dos clubs de Chicago.

A velada do sábado rematara na Praza da Peixería coa xa tradicional jam session coa que se pechan todas as xornadas do VilaBlues en un ambiente máis íntimo e informal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -