_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O lavadoiro tradicional de Vilaxoán luce nova imaxe tras o remate das obras de rehabilitación

Vilagarcía de Arousa, 14 de xullo de 2016.- O Concello de Vilagarcía segue poñendo en valor o patrimonio local e popular de Vilagarcía. A última actuación levada a cabo neste sentido foi a rehabilitación do lavadoiro público de Vilaxoán, actuación que rematou hai uns días e que o alcalde, Alberto Varela, visitou o venres na compaña das concelleiras de Urbanismo, Paola María e Benestar, Tania García. A construción, que é moi utilizada polos veciños, ademais de lucir cunha imaxe remozada e acorde coa tipoloxía tradicional, acondicionouse no seu interior para resolver deficiencias que incomodaban o normal uso por parte dos usuarios.
14.07.2018.- As obras promovidas polo Concello e executadas pola empresa Zona de Obra O Rosal consistiron na restauración das estruturas de cuberta, no cambio do material da cubrición e na reparación de filtracións. A parte máis vistosa da actuación foi a da cuberta, onde se retiraron as pranchas de fibrocemento que afeaban o conxunto para substituílas por tella cerámica curva, material tradicional e que era o que tiña orixinalmente.

Ademais da actuación de Vilaxoán, o Concello tamén rehabilitará o lavadoiro de Trabanca Badiña nesta mesma fase do Plan de Recuperación de Lavadoiros Tradicionais posto en marcha co obxecto de recuperar e conservar estas construcións típicas da arquitectura popular, seguindo a liña do goberno socialista de preservar o patrimonio local. O plan comeza por estes dous pilóns pero continuará co obxecto de ir recuperando gradualmente todos os elementos dispersos polo territorio municipal. Tanto a obra do lavadoiro de Vilaxoán coma o de Trabanca Badiña fináncianse con fondos do Plan Concellos 2017 da Deputación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -