_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e Fundación ONCE colaborarán para promover a inserción laboral das persoas con discapacidade

Vilagarcía de Arousa, 14 de xullo de 2018.- O Concello e a Fundación ONCE sumarán esforzos e recursos co obxectivo de promover e facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade. Vilagarcía foi un dos 78 municipios de España elixidos pola organización para desenvolver diversas accións do seu programa INSERTA, para o cal contará coa colaboración da administración municipal. Responsables da Fundación ONCE mantiveron dúas reunión de traballo co alcalde, Alberto Varela, para o expoñerlle o proxecto, concretar o seu desenvolvemento e plantear outras futuras vías de colaboración.
14.07.2018.- O último encontro tivo lugar o venres en el, ademais do rexedor, participaron a concelleira de Benestar Tania García, e a coordinadora de Servizos Sociais, Iria Camba. Por parte da ONCE estiveron Menchu Iglesias Rey, Directora Rexional da ONCE en Galicia; Mar Madeiros Cuíña, directora da Área Comercial, Alianzas Estratéxicas e RSC; e Mauricio Martínez Belvis, consultor Técnico.

A primeira colaboración no marco do programa INSERTA levarase a cabo no mes de agosto e consistirá na campaña denominada "No te rindas nunca", a través do cal, a ONCE realizará en Vilagarcía unha serie de acción informativas destinadas a persoas con calquera tipo de discapacidade que desexen atopar un emprego que lles permita realizarse e desenvolverse de forma autónoma. Farano a través de sesión grupais e entrevistas persoais nas que lles informará dos recursos dos que dispón a ONCE para a busca de emprego, en concreto a súa platafoma http://www.portalento.es , ofreceráselles asesoramento laboral e formación poñeranse medios a súa disposición para realizar e colgar os seus currículos na plataforma, Tamén se prevén accións dirixidas a empresas e emprendedores aos que se lles informará das distintas axudas que existen para a contratación de persoas con discapacidade e se lles orienta sobre o tipo de postos aos que poden optar segundo os seus perfís.

O goberno local acolleu con moito interese a proposta da ONCE á que comprometeron toda a súa colaboración dada o "prioritario que para este goberno é incidir en políticas e acción encamiñadas a garantir a igualdade e a total inserción das persoas con discapacidade". A maiores desta campaña, o executivo estudará outro tipo de acción a levar a cabo coa organización para seguir traballando neste ámbito.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -