_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os participantes no obradoiros infantís de igualdade irán a mariscar a Carril e a aprender a tradición oleira en Bamio

A Área de Igualdade do Concello ampriou ata o 27 de xullo o prazo de inscrición nos Obradoiros infantís de Cociña, ocio e tempo libre organizados mara sensibilizar e educar aos cativos e cativas dende unha perspectiva de igualdade de xénero. Ademais das clases de cociña e tarefas domésticas, os obradoiros enriquécense este ano con visitas guiadas para coñecer labores profesionais que tradicionalmente se asociaban cun só xénero. Os participantes nos obradoiros poderán coñecer o traballo das mariscadoras de a pé da man da asociación AmarCarril e tamén a tradición oleira e o Roteiro do Barro a través da Asociación de Mulleres de Bamio, impulsoras da recuperación desta actividade tradicional na parroquia.
17.07.2018.- Con estas dúas visitas presentamos aos nenos e ás nenas unha serie de valores e experiencias diferentes das que se asignaron tradicionalmente á masculinidade e á feminidade, o que lles axudará ao desenvolvemento da súa personalidade como futuros homes baixo a premisa de que todos adquiren as mesmas potencialidades e responsabilidades.

Ademais, con este tipo de actividades tamén se pretende proporcionar a alumnado un maior coñecemento das aportacións das mulleres, e concretamente as das súa contorna, á vida económica, cultural, social…, o que lles axudará a ir formando a súa identidade dende a perspectiva do xénero e da corresponsabilidade.

Os obradoiros de cociña ocio e tempo libre están dirixidos a nenos e nenas nados entre o ano 2009 e o 2012 (ambos incluídos).A participación é de balde e ofértanse 50 prazas a distribuír entre os cinco centros socioculturais nos que se impartirán as sesións. Desenvolverase un día por semana en cada un deles, entre o 30 de xullo e 10 de setembro. Deste xeito, os luns será no centro cultural de San Roque, os martes no de Cornazo, os mércores en Trabanca Badiña, os xoves no centro cultura O Piñeiriño e os venres no centro cultural Gato Negro de Carril. O centro cultural onde realizar o curso elixirao o solicitante no momento de realizar a inscrición, marcándose unha orde de preferencia.

O horario será de 09. 30 a 13.30 horas, aínda que para favorecer a conciliación das familias, poderase flexibilizar a entrada en media hora ata as 10.00 e a saída pode realizarse a partir das 13.00 horas. A inscrición debe realizarse nas dependencias da Área de Igualdade, onde se poderá recoller a folla de solicitude.

A Área de Igualdade leva an os organizando estes obradoiros a través do CIM e no marco do programa de sensibilización en Igualdade e de acordo co III Plan de Igualdade do Concello de Vilagarcía, no que s recolle a realización dunha “Campaña de verán para as familias” dentro da área III Cambio de valores e modelos para a Igualdade, que ten como obxectivo xeral Contribuír á superación de estereotipos, valores e actitudes que sustentan a desigualdades de xénero. As actividades contan co financiamento da Deputación Provincial a cargo do Plan Concellos 2018.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -