_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comeza a segunda fase da posta a punto do Parque do Centenario

Persoal municipal do departamento de Obras traballa dende onte na posta a punto do Parque do Centenario. Os traballos a realizar completan os levados a cabo polo Concello a principios de ano e consistirán en rematar a reposición e cambio do firme dos corredores que atravesan e circundan a zona de recreo e en mellorar o sistema de iluminación en todo o parque.
17.07.2018.- No que ao firme das zonas de tránsito se refire, levaranse acabo dous tipos de actuación. A primeira afectará ao corredor lateral máis próximo á rampla do Cavadelo, cuxo firme actualmente enlousado se levantará e substituirá por solo de cemento-xabre compactado similar ao posto hai uns meses no paseo interior e o lateral máis próximo ao edificio da Autoridade Portuaria. Este firme é moito máis resistente e homoxéneo polo que tamén resulta máis cómodo para camiñar. Aproveitarase a obra para elevar o nivel da senda peonil para igualalo co carril bico que discorre en paralelo.

A segunda actuación afectará ao corredor central do parque e ao do paseo que discorre en paralelo ao mar. Aquí manterase o enlousado actual, pero reporanse as baldosas levantadas.

A segunda parte das obras que está a levar a cabo o Concello terá como obxectivo mellorar a iluminación do parque. Primeiro renovaranse as canalizacións do tendido eléctrico e logo acondicionaranse as luminarias existentes e instalaranse novos postes con focos para intensificar a iluminación.

Estes traballos constitúen a segunda fase do acondicionamento do Parque do Centenario que executa o Concello. Na primeira etapa leváronse acabo labores de poda e xardinería, centrados especialmente nas árbores, e tamén se cambiou o firme do corredor interior e dun dos laterais. Os traballos lévanse a cabo mediante a colaboración do Concello, que pon a man de obra para executar as melloras, e a Autoridade Portuaria, que se encarga de subministrar os materiais.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -