_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O novo regulamento da Praza de Abastos sométese a aprobación do pleno a vindeira semana

A Corporación Municipal abordará nop Pleno do vindeiro xoves, 26 de xullo, o novo regulamento que regulará a actividade das Prazas de Abastos de Vilagarcía. O documento adapta o anterior regulamento, que levaba décadas sen actualizar, ás novas condicións dos mercados e ás normativas en vigor, regulando as súas condicións de uso e funcionamento tanto ás características dos edificios, obxecto de importantes reformas nos últimos anos, como da noca Lei de Contratos. O texto que se eleva ao Pleno foi consensuado previamente co colectivo de praceiros e co resto dos grupos políticos, de aí que o goberno confía en que se aprobe por unanimidade.
17.07.2018.- O novo regulamento é froito do traballo realizado durante meses pola Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. O texto expúxose ao colectivos de praceiros, co que se mantiveron numerosas reunións a efectos de recoller as súas necesidades. Tras recibir a aprobación dos concesionarios, o borrador tamén se someteu ao estudo da oposición, coa que se mantivo dúas xuntanzas de traballo. Todas as propostas realizadas dende os grupos, e que eran cuestións de matiz ou de concreción de algúns puntos, foron recollidas integramente no texto que se eleva ao Plano ordinario de xullo. Tras a aprobación inicial o documento deberá someterse a información pública e abrir o período de alegacións para a súa posterior aprobación definitiva, publicación e entrada en vigor.

A normativa para regular as condicións de uso e funcionamento dos mercados públicos municipais (prazas de Vilagarcía e Vilaxoán). No que á de Vilagarcía se refire, tras as importantes obras de reforma e modernización realizadas nos últimos anos, a norma prevé que a planta superior da praza de Vilagarcía se destine exclusivamente a servizos destinados a dinamizar e mellorar as condicións da actividade comercial (administración, restauración, promoción, etc). As concesións terán unha duración de 15 anos, pudendo ser prorrogadas, a petición do titular, en prazos de 5 anos, ata un máximo total de 50. No caso de que queden postos vacantes, a Xunta de Goberno pode autorizar concesións provisionais (dous anos prorrogables por outros dous) de carácter revogable mediante arrendamento ou concerto.

O regulamento fixa tamén as normas de traspasos, permutas, horarios, réxime disciplinario, etcétera. Despois de meses de traballo, os documentos teñen o visto bo dos concesionarios actuais, cos que o Concello foi mantendo constantes reunións para perfilar dous regulamentos que obteñan o maior consenso posible.
O procedemento de adxudicación das concesións dos postos de venda axustarase ao establecido no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e ó Regulamento de Servizos das Corporacións Locais e será mediante procedemento aberto.

Horarios

O borrador tamén fixa os horarios de apertura dos mercados municipais, de luns a sábado entre as 06 e as 20 horas, con algunha variación pendendo do día. Os concesionarios terán os seus postos preparados para a venda como máximo ás 9 horas, a partir desa hora as zonas comúns teñen que permanecer limpas e libres durante o horario comercial que será de 9 a 14:30 horas. Os horarios de acceso de provedores e mercadorías ás prazas de abastos será como máximo ata as 10 horas da mañá e de 17:00 a 19:30 horas polas tardes, quedando prohibida a entrada a provedores e mercadorías fóra dos horarios indicados. Estes horarios poden ser modificados por acordo da Xunta de Goberno Local.

Causas de extinción das concesións

Entre as diversas causas de extinción das concesións, o regulamento recolle: o exercicio do dereito de retracto por parte do Concello; o rescate da concesión pola administración municipal por razóns de interese público sobrevidas; a falta de pagamento das taxas municipais de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternas no período dun ano; ter sido sancionado o concesionario, mediante resolución firme, por infracción moi grave en materia sanitaria ou de disciplina do mercado; a perda das condicións esixidas ao titular para a adxudicación da concesión; o incumprimento de obrigacións esenciais do concesionario; ou ter pechado o posto de venda durante un mes ininterrompido ou sesenta días alternos durante o período dun ano (salvo en circunstancias excepcionais debidamente xustificadas).

Regulamento do mercado ambulante

O goberno local tamén actualizou o Regulamento de venta ambulante polo que deberá rexerse o mercado dos martes e os sábados. O documento tamén se traballou coa oposición e xa está consensuado, faltando unicamente a elaboración dos informes técnicos correspondentes. Á espera da finalización destes documentos, a previsión do executivo é que a norma se someta á aprobación inicial na seguinte sesión plenaria.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -