_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O Fantasio na rúa chega ás 20 proxeccións coa incorporación da sesión en Solobeira-O Sixto

A maior edición do programa Fantasio na Rúa organizada pola Concellería de Xuventude segue medrando. O número de películas e de lugares nos que haberá cine na rúa este ano acada os 20 coa recente incorporación ao circuíto dunha sesión en Solobeira-O Sixto. O ciclo comeza esta fin de semana coas proxeccións en O Bamio e Galáns. Todas as sesións son de balde.
19.07.2018.- Atendendo unha petición veciñal, a Concellería de Xuventude decidiu ampliar sobre a marcha o extenso programa deseñado para a presente edición do Fantasio na Rúa que este ano non se limita aos escenarios urbanos de Vilagarcía, senón que percorrerá gran parte do rural e barrios de extrarradio. En total, e tras a incorporación de Solobeira-O Sixto, serán 20 proxeccións a desenvolver en outros tantos lugares do municipio e con 20 películas diferentes. A do Sixto terá lugar o día 5 de agosto, no marco das súas festas, onde a partir das 22.00 horas proxectarase “Unha familia feliz”.

O ciclo, que estaba previsto comezase o sábado pasado en Bamio, porase en marcha esta fin de semana ao terse aprazado a primeira función por motivos totalmente alleos ao Concello. Será este sábado, 21 de xullo, cando as familias de Bamio poidan gozar da proxección da película “Cazafantasmas” no exterior do centro sociocultural a partir das 22:30 horas. En caso de mal tempo, a función celebraríase no interior das instalacións socioculturais.

E o domingo, serán os veciños de Galáns os que disfruten do cine ao aire libre coa proxección de “Bebé Jefazo”, tamén no exterior do centro cultural a partir das 22.30 horas. Ese mesmo horario terán as outras dúas proxeccións previstas para a vindeira semana: a do martes 24 en Cornazo, coa película “Spiderman home coming” e o mércores 25 na zona verde de Os Duráns, onde se proxectará “Capitán calzonzillos”.

O ciclo de cona na rúa desenvolverase entre xullo e setembro e, ademais dos lugares xa apuntados, haberá proxeccións en Trabanca Badiña, Xardins de Ravella, O Castro, Trabanca sardiñeira, Parque da Xunqueira, Parque da Coca, O Piñeiriño, Castroagudín, Faxilde, Vilaxoán, Sobradelo, Rubiáns, Carril e A Torre.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -