TERCEIRA IDADE
A Concellería freta un segundo autobús ante a demanda de prazas para asistir á Festa do Polbo de Carballiño Como xa acontecera o ano pasado, o colectivo de Persoas Maiores acolleu con moito interese a excursión a Carballiño organizada pola Concellería para asistir á Festa do Polbo. A demanda é tan elevada que en tan so dous días cubríronse as 55 prazas dun autobús, quedando xe te en lista de agarda. Por esta razón, o departamento que dirixe Tania García, decidiu contratar un segundo transporte para que ningún interesado quede fora da actividade.
19.07.2018.- A Concellería de Persoas Maiores financia o custe dos autobuses, polo que desprazamento ata Carballiño é de balde para todos os asistentes. Polo momento, aínda quedan prazas dispoñibles no segundo transporte. Os interesados, maiores de 65 anos, deben inscribirse nas dependencias da Concellería. As prazas cubriranse en rigorosa orde de inscrición e só se permitirá un número máximo de catro persoas por reserva.
A excursión terá lugar o domingo, 12 de agosto. A saída está prevista para as 10 da mañá e o regreso ás 19 horas da tarde.