_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello regulará o tráfico con semáforos en Alejandro Cerecedo para mellorar a fluidez no centro urbano

O Concello de Vilagarcía levará a cabo varias medidas para mellorar a fluidez do tráfico rodado nas vías urbanas da cidade. A primeira delas afectará ao mesmo centro da cidade, para o cal se instalarán semáforos na rúa Alejandro Cerecedo co obxecto de regular o paso de peóns entre as zonas peonís para que os vehículos poidan circular dun xeito máis fluído e continuo. Os equipos xa están encargados.
20.07.2018.- Despois de estudar coa Policía Local a situación actual do tráfico no centro da cidade, comprobouse que a causa principal das conxestións en Alejandro Cerecedo é o paso constante persoas que atravesan a rúa no paso de peóns entre as zonas peonís de Castelao e Vista Alegre e, en menor medida, aínda que tamén inflúe na falta de fluidez, na desembocadura con Doutor Tourón e enlace con Fariña Ferreño, onde existen tres pasos de cebra xuntos. O problema agrávase os días de mercado, os martes e sábados pola mañá, onde o tránsito de persoas e tan elevado que se causan importantes retencións de vehículos.

Para regular o cruce dos peóns, instalaranse semáforos no paso entre Castelao e Vista Alegre, o máis conflitivo, e tamén nas confluenzas de Doutor Tourón con Alejandro Cerecedo e Fariña Ferreño.

A adquisición das balizas semafóricas xa se encargaron é empresa Esycsa por importe de 10.243 euros.

O Concello pretende completar esta medida con outras actuacións de diverso tipo tendentes a mellorar a fluidez do tráfico rodado na cidade, tanto nesta vía que atravesa o centro urbano como noutras vías cunha elevada densidade de tráfico e tránsito de peóns. As medidas, estudadas no seu conxunto, anunciaranse previamente e iranse poñendo en marcha de forma progresiva.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -