_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os xardíns de Ravella acollen o domingo un concerto matutino dentro do programa “A Banda na Rúa”

Os vilagarciáns poderán gozar este domingo dunha nova actuación da Banda de Música de Vilagarcía. No marco do programa “A Banda na Rúa” que a formación desenvolve ao longo do ano en colaboración coa Concellería de Cultura, a formación protagoniza o domingo a mediodía un concerto matutino ao aire libre. Será a partir das 13:00 horas nos Xardíns de Ravella.
20.07.2018.- Co programa “A Banda na Rúa” Concello e agrupación pretenden fomentar a presenza da Banda en Vilagarcía, achegándoa á maior parte da poboación mediante concertos a pé de rúa en datas sinaladas. Tras o desenvolto no marco das festas de Santa Rita, a Banda volve a levar a súa música ás rúas con este concerto estival do domingo, ao que seguirá outro en agosto, no marco das Festas de San Roque. Con elo preténdese tamén recuperar a antiga tradición vilagarciá dos concertos que hai anos ofrecía a cada domingo a Banda de Música en espazos emblemáticos da cidade. Rememorando ese feito, a actuación deste domingo, 22 de xullo, terá lugar nos xardíns de Ravella.

Para esta ocasión, a Banda que dirixe Jesús Nogueira, ten preparado un variado programa, con obras populares, clásicas e modernas de diferentes épocas e de compositores e arranxistas destacados, prestando especial atención ao gusto dos seus afeccionados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -