_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
A Concellería abre os seus convenios de colaboración aos centros socioculturais non municipais

Os centros veciñais de titularidade non municipal que desenvolven actividades lúdico culturais nos seus respectivos ámbitos xeográficos contarán coa colaboración económica do Concello de Vilagarcía. A Concellería de Cultura do Concello abre os seus convenios de colaboración a estas entidades en recoñecemento da labor que estaban a levar a cabo como dinamizadores da actividade cultural entre a súa veciñanza e para contribuír a que se manteña e potencie esta programación. A medida beneficiará ao Gato Negro, de Carril e aos centros veciñais da Laxe e Solobeira-O Sixto.
21.07.2018.- A Concellería de Cultura asinará en breve os convenios cos colectivos que xestionan estes tres centros non municipais. A posibilidade de establecer este tipo de colaboración recóllese no Regulamento Municipal de Uso e Funcionamento das Instalacións Culturais de Vilagarcía de Arousa polo que se rexen os centros socio culturais pertencentes ao Concello. O importe da axuda municipal será dun máximo de 1.800 euros anuais nos dous casos e os gastos a financiar a través dela tamén serán practicamente os mesmos: gastos vinculados a actividades culturais e de ocio, cursos de formación, equipamento, mobiliario e labores de limpeza desenvolvidas no centro. E o procedemento de xustificación dos gastos, tamén é similar.

Pese a non tratarse de instalacións de titularidade municipal, o goberno local entende que o Concello deben fomentar e reforzar as organizacións culturais, sociais, xuvenís e deportivas debido a que son un recurso de primeiro orde no desenvolvemento local. Ademais, a Concellería de Cultura recoñece a importante labor promotora da cultura, educación, deporte e lecer destes centros nas súas comunidades de orixe, onde levan a cabo ao longo do ano cursos de diversas índole, teatro, organizan celebracións e actuacións musicais….. Por iso, a efectos de optimizar os recursos existentes, decidiuse a firma destes tres convenios que se suman aos 18 asinados anteriormente con outras tantas entidades para a xestión dos centros socio culturais municipais.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -