_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
As brigadas do departamento de Obras avanzan os traballos de posta a punto dos colexios

As distintas brigadas postas en marcha pola Concellería de Obras para levar a cabo a posta a punto dos colexios do municipio de cara ao próximo curso estanse a desenvolver a bo ritmo. Os operarios comezaron a traballar nos centros ao iniciarse as vacacións escolares de verán e rematarán durante a primeira semana de setembro. As labores de mantemento inícianse cos traballos que soen repetirse cada ano como pintado de aulas de arranxos de carpintería, a maiores de reparacións eléctricas ou de fontanería, e rematarán co repaso de xardinería.
23.O7.2018- persoal municipal fixo xa unha primeira pasada polo colexio da Escardia onde se pintaron aulas, limparon muros e repararon arquetas. Tamén se ancoraron estantes, cambiou algún encerado e arranxáronse persianas e manillas de portas. As brigadas tamén visitaron o centro de Educación Especial onde ademais do traballo habitual de pintado das aulas e corredores, tamén se pintaron as portas das aulas de distintos cores de modo que poidan ser identificadas con maior facilidade polos alumnos de necesidades especiais.

No centro de A Lomba estaba previsto rematar hoxe a visita dos operarios de Obras e Carpintería que se encargaron de arranxar armarios e portas, pintáronse aulas e tamén o muro exterior do patio infantil, entre outras cousas.
No Vagalume tamén se traballa estes días, sendo a principal actuación a completa renovación dos aseos da planta baixa. O centro encargouse de adquirir os materiais e o Concello aporta a man de obra que se encarga de levantar e substituír as pezas de louza, azulexo, piso e pintado das portas.

A vindeira semana os traballos continuarán polo Anexo A Lomba e o colexio de Rubiáns. Neste último, ademais de pintar aulas e realizar traballos de carpintería, tamén se vai a construír unha rampla na posta traseira do pavillón de deportes que actualmente conta unicamente cunha escaleira de banzos moi altos para saír cara ao patio exterior. Tamén se vai construír un parreado na zona da horta que cultivan os alumnos.

Aparte dos traballos que leva a cabo directamente o Concello con persoal municipal, Ravella tamén financia os arranxos dos tellados e recollidas de pluviais dos centros de Rubiáns e O Piñeiriño, traballos que acomete unha empresa.
O plan de actuación para posta a punto dos colexios continuará durante todo o mes de agosto, aínda que o persoal pode verse reducido debido ás necesidades loxísticas que se producen durante a temporada das festas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -