_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Semana de Cine chega cos mellores títulos no Salón García, obradoiro, vídeo clips na Praia e cine cómico no Castro

O Cine Clube Ádega en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía, pon en marcha una nova edición da Semana de Cine. Dende o domingo 29 de xullo e ata o venres 3 de agosto incluídos, os afeccionados ao arte do celuloide poderán gozar coa proxección dunha excelente selección de películas, ademais de encontros con directores, un obradoiro e cine na rúa. O programa deste ano inclúe unha orixinal e divertida sesión inaugural na Praia da Concha e unha clausura no Castro ao estilo máis clásico. O cartel deste ano é obra de Manuel Busto.
27.07.2018.- A concelleira de Cultura, Sonia Outón e o presidente do Cine Club, Fernando López, presentaron a programación deste ano nun acto celebrado no Salón García e no que tamén participaron o secretario do colectivo, Xavier Marqués, e o pintor Xaquín Chaves, que actúa como relator nas charlas desta edición.

A Semana de Cine, coa que dende hai uns anos se abre a programación festiva do mes de agosto e serve de preludio ás Festas de San Roque, arranca o domingo 29 de xullo a pé de Praia. En colaboración co programa “Ás Nove na Praia” organizado por Ahituvi, o Cine Clube Ádega realizará unha proxección de videoclips musicais no areal da Concha, complementado con escenas de coñecidas películas musicais que o público poderá acompañar cantando a ritmo de karaoke e bailando guiados do grupo de animación da academia CODA. A actividade comezará ás 22:30 horas.

Do luns 30 de xullo ao xoves 2 de agosto a actividade da Semana de Cine trasládase ao Salón García cun esquema onde tras unha charla coloquio ou obradoiro cos que se abrirá a xornada, proxectarase unha película.
O luns 30 de xullo a partir das 19:30 horas terá lugar unha charla coloquio sobre“O novo espectador no audiovisual contemporáneo” na que intervirán Moncho Lemos e director vilanovés Álvaro Gago cuxa premiada curtametraxe “Matria” se proxectará na sesión. A continuación, ás 21.30 horas dará comezo a película senegalesa 2Félicité” do director Alain Gomis.

O martes 31 de xullo a charla coloquio correrá a cargo do pintor Xoaquín Chaves, do pintor e director Manuel Busto e do cineasta Mario Iglesias. Os artistas disertarán sobre “A relación entre cine e pintura” a partir das 19:30 horas. Ás 21.30 proxectarase a película española “Muchos Hijos, un mono y un castillo” dirixida por Gustavo Salmerón e que contou con varias nominacións nos Premios Goya deste ano.

O mércores dará comezo o Obradoiro “Iniciación práctica á iluminación no cinema” impartido por David Hernández que se desenvolverá tamén o xoves e o venres de 18 a 20.30 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través da web ou do facebook no cine clube Ádega e o custe da actividade é de 10 euros. Hai dispoñibles 10 prazas.

A película do mércores no Salón García está especialmente recomendada para o público familiar . Trátase do film xaponés “Kimi Non na Wa”, do director Makoto Shinkai. O sábado, proxectarase no “120 Battementes par minute”, do francés Robin Campillo.

E a semana de Cine clausurarase o venres 3 de agosto cun evento moi especial e cun toque tradicional. Será cunha proxección de cine ao aire libre na Praza do Castro, un lugar emblemático e con gran tradición no cine na rúa. A partir das 22.30 horas proxectarase unha película do mítico Buster Keaton, “Sherlock Junior”, cine cómico que, como era costume na época, vestirase con música en directo, neste caso a que interpretará a Banda de Música de Vilagarcía. Un evento moi especial e moi divertido do que poderá gozar público de todas as idades.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -