_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Nove clubs reciben financiamento da Fundación para a organización de eventos deportivos

O Consello Reitor da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía resolveu na reunión celebrada esta semana a concesión das subvencións a clubs do municipio pola organización de eventos deportivos de carácter extraordinario. O organismo que dirixe Argimiro Serén dispuxo este ano de 30.000 euros que se repartiron entre nove entidades segundo os criterios e baremos establecidos nas bases que regulan a convocatoria.
29.07.2018.- Os torneos e eventos subvencionados este ano foron o III Torneo EncestaRías, organizado pola A.C.D. Encestarías (6.000 €); o XIV Memorial Miguel Ángel González da A.D. Cortegada (3.400 €), o XXII Torneo Arousa fútbol 7, organizado polo Arousa Fútbol 7 (10.000 €); o VI Torneo Cidade Vilagarcía cuxa organización depende do Club Arosa SC (4.500 €); a Vilagarcía Basket Cup 2017, do Club Baloncesto Vilagarcía (4.600 €); o III Trofeo Atletismo Mazí Cidade Vilagarcía, da A.A. Mazí (800 €), o Día do Minibasket organizado polo BBC (400 €); o II Trofeo Benxamín Pazo da Golpelleira promovido polo club Vilagarcía SD (150 €) e o I Trofeo Ximnasia Rítmica organizado por Viarousa Ximnasia (150 €).

Para a resolución desta liña de axudas e tal como sinalan as bases da convocatoria, os solicitantes deberon xustificar a celebración da competición, datas e lugar, número de participantes, balance económico, etcétera. Tamén se tivo en conta si contaron con máis patrocinios ou non, a categoría do evento (internacional, nacional, autonómico, local), o número de participantes e equipos, a duración da actividade, si é oficial ou non, a antigüidade, se houbo cota de inscrición ou venda de entradas, etcétera. Os baremos, tamén establecidos por puntos, determinaron as contías da axuda coa que se subvencionou cada evento.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -