CONCELLO
O Clasclás lanza a carreira internacional de músicos noveis participantes no YAP cun concerto en Milán Despois do éxito de público e crítica acadado pola primeira edición do festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás está vendo cumprirse tamén outro dos seus principais obxectivos: o de lanzar a carreira internacional dos músicos noveis que participaron na faceta formativa do festival o Young Artist Program. De feito, tres participantes no YAP foron seleccionadas para dar un recital dentro da programación da Societá del Concerti di Milano e outros seis protagonizarán tres dos concertos da Sociedad Filarmónica de Vilagarcía a próxima temporada.
30.07.2018.- A organización do Clasclás dou a coñecer hoxe os nomes dos alumnos do YAP 2018 que foron seleccionados para ofrecer diversos recitais ao longo da tempada 2018-19 en cooperación con diferentes entidades colaboradoras. Esta medida, que xa estaba recollida no proxecto do festival, pretende axudar aos m´suicos noveis a aproveitar as posibilidades que poidan xurdir no escaparate que presenta o Clasclás para apoiar e consolidar as súas carreiras profesionais a través de diversos acordos de esponsorización e colaboración con varias entidades.
A organización asegura que non foi sinxelo realizar unha selección entre os 27 participantes do Clasclás 2018, “xa que o nivel interpretativo de todos eles foi altísimo”.
As intérpretes que viaxarán a Italia convidadas pola Societá del Concerti di Milano no marco da programación da temporada 2018/19 son Christa-Maria Stangorra (violín), Susana Gómez Vázquez (piano) e María Krykov, (contrabaixo).
Ademais, serán varios os YAP que voltarán a Vilagarcía de Arousa aa próximo inverno para participar nos concertos da tempada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía. Así, Ori Wissner Levy (violín) e Mon-Puo Lee (cello) protagonizarán un dos concertos; Daria Kameneva (piano), Iria Folgado (oboe) e Dana Barak (clarinete) darán o segundo e Susana Gómez Vázquez (piano) acompañada pola violinista Ye Eun Choi será a encargada de clausurar a temporada da entidade vilagarciá.
Por último, o Director Artístico do festival, Guy Braunstein ten convidado a contrabaxista finlandesa do YAP Clasclás 2018 María Krykov, a participar coma Artista en Residencia no Clasclás 2019.
A segunda edición do festival, Clasclás 2019, presentarase no mes de outubro de 2018.