_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Festiclown volve ás rúas de Vilagarcía do 9 ao 14 de agosto con Alberto San Juan como cabeza de cartel

O Festiclown regresa a Vilagarcía do 9 ao 14 de agosto coa súa edición máis completa e con Alberto San Juan como cabeza de cartel. O festival, que este ano cumpre 20 anos, reforza a súa programación con máis pasarrúas, máis funcións, un completo apartado social e cunha escolma das melloras compañías chegadas de moi diversas procedencias. As rúas da cidade encheranse de ledicia cun total de 31 espectáculos de circo, clown, maxia e música, humor a desenvolver en 6 intensos días.
31.07.2018.- A entidade Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega é a encarada de organizar o Festiclown un evento moi esperado en Vilagarcía, cidade que o acolle dende o ano 2015 enmarcado na programación das Festa de San Roque. A Concellería de Cultura apostou firmemente polo modelo de animación de rúa que segue o Festiclown e que tan boa acollida tivo entre a cidadanía e as persoas que nos visitan cada anos por estas datas, dado o efecto dinamizador que ten e ao ambiente alegre e festivo que se crea en toda a cidade. Ademais, Culturactiva traer grandes artistas e compañías moi recoñecidas no sector.

Todas as actividades son de balde e celebraranse ao aire libre, en diferentes espazos, rúas e prazas da cidade, a excepción do espectáculo de clausura que protagonizará Alberto San Juan no Salón García e cuxa entrada custará 6 euros.

Pero incluso antes do inicio do programa central, a animación de rúa irá presentándose no extrarradio co Festiclown nas parroquias con espectáculos os días 3, 4 e 5 de agosto en Carril, Sobradelo, O Sixto e Vilaxoán.
A partir do 9, a actividade centrarase no casco urbano de Vilagarcía con diversas actividades no marco dos apartados Social, o Descowntrol nas Rúas”, a Mostra Internacional ou o Certame Intergaláctico.

O Festiclown adxudicouse o pasado venres, 27 de xullo, por importe de 36.300 euros. Debido a fallos técnicos na plataforma de contratación o anuncio do acordo publicouse no taboleiros de anuncios da sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal

+ info en http://www.festiclown.org/vilagarcia-2018 /

Preme aquí para ver o programa:


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -