_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello prevén actitudes machistas en San Roque cunha campaña informativa e un Punto Lila na Festa da Auga

O Concello de Vilagarcía habilitará un Punto Lila contra a violencia machista durante a noite previa á Festa da AUGA. Trátase dun servizo de información, asesoramento a atención a posibles vítimas de agresións machistas que se instalará na Praza da II República e que funcionará entre as 22 horas do 15 de agosto e as 10 horas do día 16. Persoal formado na materia atenderá o Punto Lila que se poderá localizar grazas a un globo de grandes dimensións que se elevará uns 12 metros e que se iluminará pola noite para facilitar a súa visibilización dende diversos puntos da cidade.
02.08.2018.- A Concellería de Igualdade que dirixe Tania García é a encargada da posta en marcha e coordinación deste Punto Limpo que atende a unha recomendación realizada dende a Subdelegación do Goberno de Pontevedra. Precisamente este asunto abordouse na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá en Vilagarcía co obxectivo de coordinar o dispositivo de seguridade a desenvolver con motivo da Festa das Auga e as celebracións previas.

García Sanmartín explicou que as iniciativas que pon en marcha o Concello para previr comportamentos e agresións machistas durante as festas van máis alá do Punto Lila. De feito, está a piques de lanzarse unha campaña informativa e de sensibilización, destianda a a homes e mulleres, que comezará o día 11 de agosto co reparto de folletos informativos e material promocional que tamén se divulgará a través das redes sociais. Ademais, colocaranse paneis polas rúas da cidade con este mesmo obxecto.

En canto ao Punto Lila, serán técnicos en Igualdade da asociación feminista O Sonho de LIlith os que se encarguen do reparto de folletos, de ofrecer información e, de ser o caso, de atender, asesorar e realizar labores de acompañamento a posibles vítimas de actitudes ou agresións machistas. O Punto Lila estará coordinado tamén coas policías LocaL e Nacional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -