_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os distintos servizos municipais coordínanse para a organización loxística dos actos das Festas de San Roque

O goberno local mantivo esta mañá a primeira das reunións conxuntas de traballo cos servizos municipais implicados na organización e desenvolvemento das festas patronais de San Roque que se desenvolverán do 9 ao 19 de agosto en Vilagarcía. Estes encontros serven para analizar as necesidades directas e indirectas de cada acto incluído no programa e para coordinar a actuación dos departamentos de xeito que os vilagarciáns e as persoas que visitan a cidade poida gozar das festas e da cidade nas mellores condicións.
03.08.2018.- Os polos concelleiros de Cultura, Obras e Servizos, e Tráfico: Sonia Outón, Lino Mouriño e Juan Antonio Pérez, dirixiron a reunión. En canto aos departamentos asistentes figura, Obras, Electricidade, Limpeza, Medio Ambiente, Xardíns, Policía Local, Emerxencias e Turismo.

Estas reunións serven para concretar os operativos e loxística de cada acto, tanto no relativo aos medios materiais como humanos, así como ás necesidades colaterais que producen. O acto ou actividade máis pequeno precisa dun complexo operativo onde interveñen moitas persoas polo que, dado a cantidade de actos que se desenvolverán cada día en Vilagarcía durante as festas e as limitacións propias de persoal e materiais, sexa necesario coordinar ao máximo as actuacións de infraestrutura e loxística.

Labores de montaxe e desmontaxe de escenarios, colocación e retirada de cadeiras, limpeza de rúas e mantemento de zonas verdes, sinalización de cortes de tráfico, regulación da circulación ou vixilancia en concentracións de xente son só algunha das labores que levan a cabo os departamentos municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -