_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EMPREGO
O Emprende VGA 2018 mentorizou 15 proxectos de emprendemento en Vilagarcía

Un total de 15 ideas empresariais tomaron forma e convertéronse en proxectos mellorados a través da mentorización intensiva levada a cabo polo Emprende VGA, o programa promovido e financiado polo Concello de Vilagarcía e que desenvolveu o Coworking Dalle que Dalle. A cuarta edición do Emprende VGA rematou hai uns días tras dous meses e medio de actividades nas que, ademais dos 15 emprendedores que entraron na fase de mentorización, participaron outros 20 nas diversas acción formativas. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, foron os encargados de entregar os diplomas aos participantes no programa.
04.08.2018.- A Concellería de Promoción puxo en marcha o pasado 11 de maio a cuarta edición do programa de emprendemento destinado a preparar e motivar os emprendedores para que as súas ideas de negocio se convertan en proxectos reais de éxito. O Emprende VGA dirixiuse a proxectos en fase de inicio, de desenvolvemento ou de transformación/renovación. O obxectivo de poñer en valor os proxectos innovadores de produto ou servizo, que aporten valor engadido, que permitan a mellora da produtividade empresarial, creen emprego e a economía azul dos recursos autóctonos da comarca.

Tras a fase de formación, que foi a máis longa e orientada especificamente ás demandas das ideas presentadas polo emprendedores, desenvolveuse a fase intensiva de mentorización, que durou unha semana, e na que se xa se avanzo una mellora dos proxectos. As 15 iniciativas que participaron abordaron temáticas e sectores como a creación de Apps para diferentes tipo de servizos, a produción e venta de produtos ecolóxicos e veganos, o turismo rural, a venta on line, servizos de coaching, ensino e enerxías renovables.

Algún destes negocios xa estaban en marcha e a súa mentorización foi para mellorar ou ampliar os seus horizontes. Outros están en fase de inicio a piques de comezar a actividade, fomentando deste xeito a creación de emprego e o desenvolvemento do sector empresarial e comercial na cidade.

II Premios ao Emprendemento

No marco desta mesma política do goberno local, a Concellería de Promoción Económica está traballando na redacción das bases dos II Premios Emprendemento Concello de Vilagarcía, que ten como obxecto recoñecer aos tres proxectos empresariais máis innovadores e axudarlles a súa posta en marcha cunha axuda económica de 3.000 euros e unha formación específica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -