_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Museo do Ferrocarril de Vilagarcía incorporará en setembro tres novas pezas para exposición

O Museo do Ferrocarril de Vilagarcía (Mufevi) incorporará en setembro aos seus fondos expositivos tres novas pezas cedidas en depósito pola Fundación de Ferrocarrís Españois. Trátase dunha marquesiña de fundición de 1901, unha grúa hidráulica de 1945 e un reloxo de andén de 1980. Os elementos amplían os contidos que do museo emprazado na antiga estación de Carril, un punto de gran relevancia histórica por tratarse da primeira liña ferroviaria creada en Galicia. A pretensión do goberno local é potenciar o centro museístico como recurso turístico e cultural, para o cal estableceuse unha liña de colaboración coa FFE que se inaugura con esta primeira cesión.
03.08.2018.- Os tres elementos xa foron revisados e os trámites administrativos rematados. Segundo se establece no convenio a cesión de uso e depósito das pezas é de balde, tendo o Concello que asumir os custes do traslado e seguro, ademais de comprometerse a expoñer e conservar axeitadamente os materiais cedidos e que actualmente se atopan no museo da Fundación Camilo José Cela.

O elemento máis antigo que pasará a formar parte dos contidos expositivos do Mufevi é a estrutura dunha antiga marquesiña da estación de Torrelodones baixo a que os pasaxeiros esperaban o ferrocarril. O seu período de operatividade enmárcase entre 1901 e 1925 e consta de catro columnas de ferro fundido con base circular, un pequeno zócalo, escocia e remate de touro. O capitel incrustado no fuste está ornamentado con motivos vexetais e están pintadas en dous tonalidades de cor verde.

O modelo da grúa hidráulica ou brazo de aguada que se utilizaba para abastecer de auga as antigas locomotoras de vapor estivo en uso entre 1945 e 1960. Trátase dun modelo unificado por RENFE caracterizado por ter unha visible peza redonda na parte traseira do brazo articulado. A misión desta bola era equilibrar o conxunto durante operación de descarga de auga. A grúa conta na parte superior cun tubo horizontal xiratorio a modo de brazo articulado que se situaba en paralelo ás vías para non molestar o paso dos trens cando non se utilizaba e que se movía ata quedar paralelo coas vías para abastecer ás locomotoras de vapor.

Por último, para o Mufevi virá tamén un reloxo de andén, modelo Cuña, usado entre 1980 e 1990.Trátase dunha réplica de modelos máis antigos, creado polo reloxeiro artesán José Mari González. Trátase dun reloxo con carcasa de ferro ornamentada con motivos vexetais, composto por dobre esfera e as horas escritas en negro en números romanos e en roxo con arábigos. O reloxo reproduce exactamente os modelos históricos das estacións ferroviarias dos séculos XIX e XX, coa excepción de que a maquinaria mecánica substitúese por unha eléctrica marca Westinhouse. Outra diferenza é o peso. Este modelo é moito máis lixeiro que os tradicionais -apenas chega aos 70 quilos- debido a que os aros e embelecedores van torneados e biselados a diferenza dos antigos que eran de ferro fundido macizo.

Con estas tres pezas inaugúrase a colaboración entre o Concello de Vilagarcía e a FFE para a cesión de elementos cos que ampliar os contidos do Mufevi.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -