_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
A campaña “Non te Rendas nunca” achega aos xóvenes con discapacidade ao mundo laboral

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Tania García visitaron esta mañá o roadshow que o programa Inserta Emprego, da Fundación ONCE, trouxo a Vilagarcía co obxecto de achegar ás persoas con discapacidade ao mundo laboral. Esta é so a primeira das iniciativas que porán en marcha de forma conxunta a Fundación ONCE e o Concello de Vilagarcía para facilitar a inserción laboral deste colectivo de persoas. No acto participaron tamén a directora rexional do Inserta da Fundación ONCE en Galicia, Menchu Iglesias Rey e a directora da Área Comercial Mar Madeiros Cuíña, directora da Área Comercial.
07.08.2018.- Un gran tráiler instalado durante a xornada de hoxe na Praza da II República acolle o roadshow da campaña “Non te rendas nunca” que está a percorrer as principais cidades do territorio español co obxectivo de desenvolver o plan de inclusión laboral dos xóvenes con discapacidade integrado no proxecto “Activa o teu talento” que se desenvolve no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo desta iniciativa é atraer a 5.000 xóvenes parados de entre 16 e 29 anos de todo o territorio español que posúan certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%, e dotalos de recursos que mellores a súa empregabilidade. A inscrición das candidaturas farase a través do portal Noterindasnunca.org

O tráiler funciona como oficina de información itinerante dotada de persoal e as áreas necesarias para informar aos mozos e mozas que as visiten de todos os recursos ao seu alcance para formarse e responder á actual demanda de Emprego das empresas do noso país.

Est5as unidades móbiles contan cun espazo grupal pata o desenvolvemento de obradoiros, un área privada destina ás entrevistas individuais e unha zona de traballo para a inscrición de candidaturas.

Tal como advertiron o rexedor local e as responsables da ONCE, a de hoxe foi só a primeira das iniciativas de colaboración que porán en marcha a Fundación e o Concello. Máis alá desta campaña itinerante, Varela apuntou que a organización disporá de instalacións municipais para ofrecer de forma permanente o servizo de información e asesoramento formativo e laboral ás persoas con discapacidade da Vilagarcía e da comarca.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -