_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
As rúas do centro convértense nun taboleiro de xogos para os nenos e nenas da cidade

A Praza da Peixería e as rúas peonís do centro da cidade convértense hoxe nun gran taboleiro de xogos para os nenos e nanas da cidade que ao longo desta semana participan no innovador proxecto “A Vila do Mañá” promovido polo Concello de Vilagarcía. A través de distintos 110 rapaces de entre 3 e 9 anos experimentan cos espazos e as texturas e familiarízanse con conceptos como o plano ou a liña, que logo utilizarán para facer as súas propostas urbanísticas para deseñar a súa Vila do Mañá.
07.08.2018.- O obxectivo deste programa é reivindicar as rúas como espazos dos peóns e estas actividades enténdense como unha volta a aqueles tempos nos que os nenos e nenas eran os donos das rúas, xogaban libremente nelas e eran o principal espazo de convivencia e socialización tanto dos cativos como dos adultos. Esa sa costume perdeuse hai xa décadas ao monopolizar os coches case a totalidade dos nosos espazos públicos. O Concello de Vilagarcía, seguindo a liña do modelo de cidade que planea o actual goberno local, pon en marcha o proxecto “A Vila do mañá” coa idea de sensibilizar e educar tamén aos máis cativos nestes principios que xa dominan nas principais cidades europeas, nas que o benestar do cidadán supón a recuperación dos espazos públicos por parte dos peóns.

As actividades que leva a cabo o gabinete Post Arquitectos iniciáronse onte e prolongaranse ata o venres, Durante toda a mañá, os 110 nenos e nenas que participan nos Campamentos Urbanos de Verán do Concello e na ludoteca do Anexo A Lomba realizarán diferentes actividades nas rúas da cidade. Os máis cativos terán o seu centro de operacións na Praza da Peixería e os de máis idade alternarán por rúas peonís, a Praza de Galicia e mesmo a Rúa Conde Vallellano que o xoves e o venres pola mañá permanecerá completamente cortada ao tráfico para que os nenos e nenas campen as súas anchas.

As actividades previstas para hoxe teñen como obxectivo familiarizar aos cativos co concepto arquitectónico do plano. Para elo utilizarán o chan para realizar diferentes xogos, adaptados aos grupos de idade, que de forma lúdica e divertida lles servirán para diferenciar texturas e experimentar cos materiais e os espazos. Para mañá, as actividades versarán sobre a liña, concepto que os nenos e nenas entenderán xogando con cintas coas que crearán diferentes espazos nun mesmo recinto.

Todos estes conceptos servirán para que, ao remate da semana, os nenos e nenas elaboren as súas propias propostas de como lles gustaría que fose a súa “Vila do mañá”.

O proxecto ideado por Post Arquitectos xa foi desenvolvido en diversas cidades de Galicia con resultados moi positivos. Ademais, a iniciativa conta con varios recoñecementos a nivel nacional e internacional en congresos e foros de arquitectura e urbanismo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -