_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno propón a creación de bonificacións fiscais para os autónomos

O grupo de traballo composto por representantes de todos os grupos da Corporación mantivo esta mañá a primeira reunión relativa á revisión das ordenanzas municipais. A voceira do grupo de goberno, Tania García, e a concelleira de Facenda, Luz Abalo, foron as encargadas de expoñer as liñas principais da proposta socialista para a actualización das taxas municipais a aplicar en 2019, consistentes nunha nova baixada do IBI e en crear novas bonificacións tendentes a fomentar o tecido empresarial e a creación de emprego. O goberno que preside Alberto Varela pretende que tanto empresas como autónomos poidan beneficiarse destas deducións fiscais.
07.08.2018.- Ademais, das concelleiras socialistas, na reunión convocada polo goberno participaron a edil do PP, Sagrario Castro, a do BNG, Lucía Veloso e o concelleiro de Somos, Gaspar Somoza.

Seguindo a liña dos exercicios anteriores, goberno local pretende seguir creando bonificacións fiscais. Neste caso e en cumprimento do acordo subscrito entre a Fegamp e a Xunta, incluiranse novas deducións nas ordenanzas do ICIO, IAE e IBI destinadas ás empresas. A medida persigue incentivar a creación de empresas e, como consecuencia, a creación de emprego. Non obstante, os socialistas pretenden facer a medida extensible aos autónomos, un sector con moito peso na economía local e bastante castigado a nivel fiscal pola normativa estatal dende hai anos.

A maiores destas medidas, Abalo tamén comentou á oposición a intención do executivo de aprobar a cuarta baixada consecutiva do IBI para contrarrestar o efecto do catastrazo aprobado polo goberno do PP en 2013 e que implica incrementos anuais ata dentro duns anos. Aínda que o goberno de Varela Paz xa rebasou o ano pasado o compromiso programático de deixar o tipo de gravame no 0,54% (actualmente atópase no 0,53%), os socialistas volven a propoñer unha diminución. A cifra concreta apuntarase unha vez que os servizos técnicos teñan completado os cálculos e simulacións para garantir que a medida é viable e que se mantén o equilibrio presupostario.

A responsable da Facenda Municipal explicou que este ano decidiron adiantar as reunións do grupo de revisión das ordenanzas para que todos os grupos teñan tempo suficiente para presentar propostas e tamén para non andar xustos cos tempos legais que, dende o cambio normativo que entrou en vigor o ano pasado cando os sábados deixaron de ser días hábiles a efectos administrativos, os prazos de exposicións alónganse. Por outro lado, hai que ter en conta que é preciso saber como quedan as ordenanzas fiscais para o ano que ven para poder comezar a facer os cálculos de ingresos de cara a elaboración dos orzamentos municipais, outro aspecto que o executivo socialista non quere que se demore.

Os grupos quedaron en volver a reunirse na primeira quincena de setembro, momento no que xa se esperan ter os cálculos e simulacións dos servizos técnicos de Tesourería e Recadación para poder ir concretando as medidas. O goberno tamén emprazou á oposición a presentar as súas propostas a ese encontro, para poder ir estudándoas e facendo os cálculos necesarios.

Tres novas ordenanzas
Ademais, a concelleira de Facenda informou aos grupos que están a piques de rematar a redacción de tres novas ordenanzas, cuxos borradores se presentarán á oposición para analizalos conxuntamente. A primeira é a ordenanza fiscal para aplicar ás compañías eléctricas, de gas ou hidrocarburos en concepto do paso por dominio público dos seus tendidos e infraestruturas para transporte e distribución dos seus subministros. Esta nova ordenanza prevé gravar a estas empresas co 1,5 % da súa facturación anual no termo municipal.

Tamén estase a punto de concluír o borrador das Ordenanzas de Publicidade, tanto a relativa á materia urbanística como á fiscal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -