_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Igualdade organiza unha sesión musical para poñer de manifesto unha “Vilagarcía Diversa e Orgullosa”

A Concellería de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa organiza o sábado unha actividade musical co obxecto de continuar coa labor de sensibilización, respecto e de normalización social das persoas pertencentes ao colectivo LGTBI. A actividade leva por título “Vilagarcía Diversa e Orgullosa” e consiste nunha sesión vermú a celebrar nos Xardíns de Ravella a cargo da Dj, Señora DJ. As actividades comezarán ás 12:30 e prolongaranse ata as 14:30 horas.
08.08.2018.- Con esta acción, o departamento que dirixe Tania García pretende dar visibilidade ao colectivo LGTBI e poñer en evidencia que vivimos nunha sociedade diversa na que non podemos admitir que as diferenzas marquen os nosos dereitos ou sexamos excluídos/as por esas diferenzas. Por outro lado, con esta actividade, a Concellerías tamén quere promocionar o Punto de Información Municipal (PIM) LGTBI do Concello para que sexa más coñecido e poidas acceder a el todas as persoas que o desexen.

Na sesión vermú “Vilagarcía Diversa e Orgullosa”, ademais da ambientación musical que poña a Señora DJ, haberá un photocall para sacarse fotos e onde se poderán poñer mensaxes. Tamén haberá unha mesa con información e contarase coa participación de algunha persoa do colectivo.

Dende a Área de Igualdade e o Punto de información LGTBI invítase aos vilagarciáns a participar no acto que servirá de punto de encontro onde reivindicar de forma lúdica a loita por unha sociedade máis inclusiva, igualitaria e respectuosa; unha sociedade, onde a identidade sexual non condicione os dereitos dos cidadáns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -