_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TRÁFICO
O Concello recomenda o uso dos aparcamentos disuasorios durante as festas

O Concello de Vilagarcía habilita novas bolsas de estacionamento gratuíto para ser utilizadas durante as Festas de San Roque, datas na que milleiros de persoas acoden a Vilagarcía a gozar de eventos como os concertos, a Festa da Auga, O Combate Naval, o desfile de Carrozas, As Revenidas ou a Festa da Ameixa. As tradicionais zonas de estacionamento público e de balde súmanse nestas datas dúas novas bolsas: A do barrio dos Duráns e fronte a praia do Preguntoiro, en Vilaoxán, froito dos acordos aos que está a chegar o Concello con distintos propietarios para aproveitar como estacionamento público e gratuíto fincas e solares en desuso.
11.08.2018.- Así, aparte do solar que se está habilitando nos Duráns e que poderá utilizarse a partir do luns, o Concello tamén xestionou a cesión de uso dos terreos privados ao lado do centro socio cultural e deportivo de Vilaoxán, fronte á praia do Preguntoiro. Igual que no dos Duráns e Marxión, o Concello non pagará nada pola cesión tendo unicamente que encargarse da limpeza e mantemento dos mesmos. Na mesma situación se habilitará nos vindeiros días unha nova bolsa de aparcamento na zona do Rial, neste caso como complemento á zona de acampada do Festival das Revenidas, para que os campistas poidan deixar os vehículos sen ocupar as prazas da urbanización.

O Concello recomenda aos condutores que opten por utilizar estes aparcamentos disuasorios dada a súa proximidade ao centro da cidade ao que se pode acceder cómoda e rapidamente a pe dende eles. Ademais evitaranse perdas de tempo intentando de buscar estacionamento no centro, onde moitas rúas poden estar cortadas debido aos actos festivos.

As principais bolsas de aparcamento gratuítas no centro son os párkings dianteiro e posterior de Fexdega, a Finca Douro en Rodrigo de Mendoza, a explanada TIR e o Ramal, a Escardia, o de Marxión (subida dos Xardíns Doutor Fleming) e dos Durán. E un pouco máis desprazados, pero igualmente próximo para achegarse ata o centro a pé están os da Golpelleira no barrio da Torre (ao pasar a estación de autobuses) e os do Piñeiriño. En Carril existe un estacionamento gratuíto na Avenida Rosalía de Castro, nas inmediacións do instituto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2018  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -