_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía promove un plan comarcal de transporte intermodal para mellorar a mobilidade no Salnés

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, propuxeron o xoves á Mancomunidade do Salnés elaborar un Plan Comarcal de Transporte Intermodal para organizar e mellorar a deficiente situación actual do transporte colectivo entre os nove municipios do Salnés. Os vilagarciáns presentaron o estudo inicial "Salnés On Time" elaborado polo Concello de Vilagarcía no que se propón a organización do transporte por carreteira, marítimo e ferroviario de xeito eficaz para promover a cohesión social e contribuír ao desenvolvemento económico e sostible da comarca no seu conxunto. A idea dos vilagarciáns é que sexa a Mancomunidade do Salnés quen lidere a gobernanza do futuro Plan Comarcal de Transporte Intermodal.
11.08.2018.- O estudo "Salnés On Time" céntrase nun transporte intermodal que conecte os 9 municipios do Salnés entre sí e, sobre todo, garanta a conexión de todos coa única estación de ferrocarril existente nunha comarca que suma 109.882 habitantes, sen contar co incremento poboacional dos meses de verán.
O análise da situación actual evidencia que a interconexión é moi deficiente, xa que o eixo Vilagarcía-Cambados-O Grove, o de maior poboación da comarca, conta so con tres autobuses de conexión ao día. Isto provoca un uso continuado dos vehículos privados, tanto para desprazamentos con fines laborais como de ocio, co conseguinte problema do aumento da densidade de tráfico rodado nas estradas da zona.

O estudo apunta que a dificultade multiplícase na época estival, co incremento poboacional –e de vehículos- que supón o turismo, máis aínda cando a única estación ferroviaria, a de Vilagarcía, non se coordina a efectos de intermodalidade cos demais transportes colectivos que operan a nivel interno no municipio e entre as demais localidades.

En base ao exposto, o traballo propón a adaptación das liñas de autobuses urbanos e interurbanos ás necesidades actuais da poboación e aumentar as súas frecuencias para que sexan realmente operativos e funcionais para os usuarios potenciais. Tamén se aconsella a necesidade de mellorar os servizos ferroviarios, relacionalos coas liñas de autobuses e lograr para o Eixo Atlántico Ferroviario a consideración de Cercanías, co conseguinte abaratamento dos prezos dos billetes.

Respecto a este punto en concreto, os alcaldes da Mancomunidade do Salnés acordaron o xoves por unanimidade solicitar unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas para expoñer estas reivindicacións. Ademais, o organismo comarcal estudará a viabilidade legal de establecerse como operador de transporte para optar directamente ás concesións das liñas de transporte público por carretera no Salnés coa intención de xestionar directamente todos estes aspectos para garantir un servizo eficiente tanto para o desprazamento das persoas como para o transporte de mercancías.

"Salnés On Time" aboga por recuperar o transporte marítimo de persoas, máis rápido e eficaz que por carretera, para conectar os municipio costeiros do Salnés entre si e tamén cos do Barbanza. E tamén se defende a creación de ciclovías en toda a comarca como medio de trasporte alternativo e/ou complementario, de xeito similar ao modelo que impera nas cidades Europeas e en moitas de España. A idea é que existan ciclovías seguras e que existan estacións de aluguer de bicicletas que permitan que unha persoa que se despraza entre municipios en bus, tren ou barco teña a oportunidade de coller a bicicleta para trasladarse interiormente por ese municipio.

Ademais, o estudo fala da necesidade de que liñas de autobuses e ciclovías teñan rutas, propias ou complementarias, que garantan a conexión cos centros de interese e atracción de xente de cada municipio: centros administrativos, lúdicos, comerciais, deportivos sanitarios educativos, parques empresariais.., que son os que xeran o maior número de desprazamentos a diario.

Subárea metropolitana

A proposta de Vilagarcía plantéase no ámbito comarcal ante a evidencia de que os concellos non son núcleos illados e que é preciso estar ben comunicados tanto dentro do propio territorio municipal como coas localidades veciñas para poder aproveitar as sinerxias e promover o axeitado desenvolvemento. De feito, incluso se planea a necesidade de mellorar as comunicacións con outros municipios limítrofes, como Catoira e Caldas ou os da beira norte da Ría (Barbanza), e por suposto coas principais cidades galegas, Coruña, Santiago, Pontevedra Vigo. Neste marco, o estudo plantea a necesidade de que o Plan de Transporte da Xunta dea ao Salnés a consideración de Subárea Metropolitana, con Vilagarcía como sede, posto que, ademais de ser o municipio de maior entidade poboacional e de servizos, é o único que conta con estación de ferrocarril.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -