_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A Conta Xeral do Concello apunta un superávit de 2.340.831 euros no exercicio de 2017

A Conta Xeral do Concello de Vilagarcía relativa ao exercicio de 2017 apunta un superávit en termos consolidados de 2.340.831 euros. O documento que ten como finalidade poñer de manifesto a situación económico-patrimonial e dos resultados da xestión económica da administración local cada ano foi abordado esta mañá na Comisión Informativa de Facenda, antes da súa remisión ao Pleno. Tal como xa apuntaba a liquidación tratada a principios de maio, todas as ratios e índices económicos melloran respecto ao exercicio anterior. A única salvidade é o fondo de manobra que diminúe un 16% pero faino debido ás amortizacións de débeda, o cal incide de forma favorable no descenso do nivel de endebedamento.
13.08.2018.- Respecto ao índice de endebedamento total sobre os recursos ordinarios, o informe da Intervención sinala unha evolución favorable nos últimos tres anos pasando do 64,5% de 2015, ao 52,7% de 2016 e rematando con 44,9% de 2017. E a liquidación sinala que a 31 de decembro de 2017 o volume de endebedamento situábase no 25,7%, moi por debaixo do límite do 75% que a lei marca para que as administracións locais podan contratar libremente novas operacións de préstamo, e máis lonxe aínda do 115% para o cal sebe contarse coa autorización da Xunta.

O índice de liquidez, que representa a capacidade da entidade para facer fronte dun xeito inmediato as súas obrigas, experimentou en 2017 un incremento do 9,62% como consecuencia da minoración das obrigas pendentes de pago que pasaron dos 4.713.451 euros de 2016 a 3.750.177 de 2017; situándose o índice no 129,6%.

A Conta reflexa un beneficio contable total (aforro) de 4.655.377 euros en 2017 e o patrimonio neto incrementouse ata acadar un importe final de 94.057.500 euros. O resultado orzamentario é positivo cun importe de 2.284.858 euros e o remanente de tesourería obtido da liquidación dos orzamentos ascendeu a 2.615.131 euros.

Todos estes datos foron expostos na Comisión Informativa de Facenda celebrada esta mañá á que foron convocados todos os grupos da Corporación despois de que o venres se lles remitisen todos os informes de Intervención Municipal, a liquidación do orzamento e os listados e anexos, ademais dos informes das contas da Fundación Municipal de Deportes. Pese a dispor de toda esta información os representantes de PP, Somos Maioría e Somos queixáronse de que a primeira hora desta mañá se lles remitira o Ditame da Alcaldía, que é un simple resumo de todo o anterior. Mailo a que dúas funcionarias asumiron a responsabilidade do envío hoxe deste último documento, e pese a que dispoñían de toda a información dende o venres, os representantes de Somos e EU optaron por abandonar a Comisión o que, para o goberno local “non é máis que un novo e infantil intento de tratar de tapar a boa xestión económica do goberno socialista con polémicas ficticias”. “Si non se lles dera toda a documentación e os informes dos distintos servizos, queixaríanse de falta transparencia, e si se lles da, protestan porque queren a versión resumida porque así teñen menos que ler” engaden os socialistas. En canto ao PP, solicitou que se lles enviara documentación xa remitida en maio cando se tratou a liquidación “porque non os atopaban”. O goberno apunta tamén que “unha vez máis vólvese a poñer de manifesto a pinza que EU e Somos practican co PP en todos os asuntos económicos do Concello”.

Ata setembro para revisar a documentación

A Comisión de Facenda convocouse co obxectivo de cumprir cos prazos de información ao público (que se demoran dende que o ano pasado se deixaron de computar os sábados como días hábiles) e de posterior aprobación do Pleno. Tras tratarse na Comisión de Facenda, publicarase no BOP o anuncio de exposición pública da Conta Xeral. Tras o cal o documento someterase á aprobación por parte do Pleno na sesión a celebrar no mes de setembro, polo que os grupos que aínda non revisaron a documentación terán tempo de sobra para facelo e resolver as súas dúbidas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -