_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Servizo Municipal de Emerxencias disporá puntos de atención e un posto de socorro durante a Festa da Auga

Para atender as típicas caídas, cortes, contusións ou outras accidentes que se poidan producir durante o desenvolvemento da Festa da Auga, o xoves 16 de agosto, o servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil disporá as súas ambulancias e persoal en puntos estratéxicos. Durante a lectura do pregón, unha ambulancia con persoal cualificado situarase entre a capela de San Roque e o instituto Castro Alobre e ao inicio da festa trasladarase ao perímetro da Zona húmida, concretamente no Cavadelo ao carón da Comisaría da Policía Nacional. Unha segunda ambulancia situarase na rúa Arcebispo Lago durante a festa. Ademais, o Servizo Municipal de Emerxencias instalará o posto de socorro na Praza da Peixería para atender aos posibles accidentados que deberán dirixirse alí para facer as curas ou chamar ao número de Emerxencias do 112.
14.08.2018.- Como xa se fixo o ano pasado, o Servizo Municipal de Emerxencias instalarase nun piso da Praza de Galicia (na sede da Fundación Galega Contra o narcotráfico) dende onde terán unha visión privilexiada do epicentro da festa para velar polo normal desenvolvemento da celebración e pola seguridade dos participantes, permitíndolles unha máis rápida intervención en caso de ser necesario.

Consellos para previr riscos durante a Festa da Auga!

Por outro lado Concello de Vilagarcía e a Comisión Veciñal “Auga que non has de beber…” coorganizadora da Festa da Auga lembran a todas as persoas que vaian a participar no multitudinario evento da mañá do día 16 de agosto algúns consellos para previr riscos durante a celebración. Trátase de recomendacións moi sinxelas que poden ser de grande utilidade como levar calzado cómodo, que evite esvarar e cinguido ao pé, xa que as caídas son un dos principais riscos que existen nun evento de concentración de masas.

O uso de chancletas está totalmente desaconsellado porque poden propiciar traspés ao ser pisados por detrás e porque ao quedar descalzo poden sufrirse cortes ou lesións.

Debe terse especial coidado nos pasos de peóns e pavimentos pintados xa que, ao estar mollados poden resultar esvaradías.

Debe procurase vestir roupa pouco pesada e cómoda, non levar teléfonos móbiles nin cartos en billete xa que se poden perder ou estragar co impacto da auga.

Tamén en necesario que se rexeite a utilización de recipientes de cristal ou similares, xa que poden escachar no chan e dar lugar a cortes. E lémbrase que non debe collerse auga acumulada no chan, posto que pode levar areas ou outros líquidos que poidan mancar os ollos.

Normas da celebración

Outro aspecto importante para garantir o normal desenvolvemento da festa é que se cumpran as tres normas básicas. A primeira é que a Festa da Auga comeza cando o Santo chega á Capela e despois de que o pregoeiro dea por aberta a festa co lanzamento do primeiro cubo de auga. A organización Prega que se respecte a subida da procesión popular e que non se tire auga durante o percorrido de ida.

A segunda norma é que se respecte a Zona Húmida, é dicir que só se boten auga nas rúas así establecidas; e a terceira que cunha o civismo e o respecto entre participantes activos e espectadores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -