_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a primeira fase da Renovación Urbana do entorno de Matosinhos a Excavaciones Ivanca

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión do luns adxudicar á Excavaciones Ivanca a primeira fase do proxecto de Renovación urbana do Entorno de Matosinhos. O contrato para o cal presentaron ofertas 31 empresas adxudicouse por importe de 219.685 euros o que supuxo un aforro de 46.188 euros sobre o prezo de licitación. Esta actuación permitirá mellorar a accesibilidade, os servizos básicos e a estética dunha zona moi transitada ao atoparse nela catro centros educativos, e na que se levaban décadas sen actuar. Esta parte dos proxecto financiarase integramente con fondos municipais.
17.08.2018.- Nesta primeira fase do proxecto os traballos centraranse na zona máis próxima á escola Infantil Municipal e ao fronte da Avenida Doutor Tourón. O principal obxectivo das obras é garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil converterase nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que teñen pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desaparecerán para quedar todo o paseo ao mesmo nivel e cun firme regular, para o cal se utilizará o formigón tratado como principal materia prima.

Tamén se actuará nos pasos que comunican a Avenida Matosinhos con esta zona. Para salvar a importante diferenza de cota actual, construiranse ramplas de pendente axeitada a fin de permitir un cómodo paso de persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebés. Na zona de escaleiras do inicio da Avenida Matosinhos tamén se construirán ramplas e se mellorarán as beirarrúas na área afectada de Doutor Tourón.

O proxecto contempla igualmente unha nova ordenación do tráfico, facilitando que os coches poidan seguir chegando ata as portas da gardería, pero cunha mellor circulación e facendo posible a convivencia cos peóns. Como vén sendo habitual en todo este tipo de obras, o Concello aproveitará tamén para renovar as redes de auga e saneamento, o que na zona de Matosinhos ten especial importancia dada a tendencia a sufrir asolagamentos.

Unha vez adxudicadas as obras, agora a empresa deberá presentar toda a documentación necesaria para proceder á sinatura do contrato, tras o cal, concretarase a data de inicio dos traballos. Unha vez rematada esta fase, completarase o proxecto cunha nova actuación no resto da contorna do Parque de Matosinhos que se financiará cos fondos europeos do Edusi.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -