_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Xunta Local de Goberno adxudica o luns a redacción do proxecto do Carril bici do paseo da Concha Compostela

A Xunta Local de Goberno aprobará na reunión do vindeiro luns a adxudicación dos traballos de redacción do anteproxecto e o proxecto básico de execución do carril bici do paseo marítimo da Concha-Compostela. Tras a documentación remitida anteriormente a Costas do Estado, o organismo estatal solicita o anteproxecto para completar o procedemento de autorización da concesión administrativa dos terreos polos que discorrerá a infraestrutura que permitirá dar continuidade ao carril bici que remata ao inicio da Concha.
24.08.2018.- A prolongación da pista para bicicletas polo paseo marítimo é unha vella demanda dos vilagarciáns que o executivo que preside Alberto Varela xestionou con Costas ata conseguir o beneplácito do organismo estatal. Dado que Costas asumiu o custe da reforma do paseo, o Concello accedeu a financiar a redacción do proxecto e construción do carril bici. Previamente houbo que iniciar os trámites de ocupación da franxa de terreo de dominio público marítimo costeiro que é titularidade do organismo estatal, proceso que rematará coa remisión do anteproxecto.

A redacción do anteproxecto e do proxecto básico de execución adxudicarase por importe de 15.000 euros á empresa AM2 Arquitectos. O Concello deberá esperar a que Costas notifique a autorización da concesión para sacar a licitación a obra da infraestrutura ciclo turista. A idea é que o carril descorra pola zona de area pegada ao paseo e que teña un ancho de entre 2,5 e 3 metros, de forma que permita marcar os dous sentidos da circulación. O ancho definitivo e a lonxitude da infraestrutura dependerá do permiso que conceda Costas xa que, como se sabe, o areal non ten o mesmo ancho en toda a súa extensión. Tal como se dixera no seu momento, a previsión era acometer a obra do carril bici despois da segunda fase da remodelación do paseo.

A maiores desto, e dado que o Ministerio comprometeuse a iniciar despois do verán a segunda fase da reforma do paseo marítimo, no tramo comprendido entre o balneario da Compostela e as inmediacións do Hotel Carril, o alcalde ten a intención de desprazarse en setembro a Madrid para abordar cos responsables de Costas a execución desta obra e tamén intentar acelerar o procedemento da concesión dos terreos do carril bici.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -