_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello licita a obra de peonalización e mellora estética da Praza da Independencia

O Concello acaba de casar a licitación a obra de Humanización da Praza da Independencia, un proxecto que permitirá reducir o tráfico rodado nesta céntrica zona da cidade, eliminar barreiras arquitectónicas, modernizar a imaxe global da zona e renovar os servizos básicos de auga e saneamento. O proxecto encargado polo Concello ao arquitecto Lepoldo Iborra sae cun prezo de licitación de 421.568 euros e as empresas interesadas en executar as obras dispoñen de prazo ata o 18 de setembro para presentar as súas ofertas. A actuación financiarase con fondos europeos do programa EDUSI.
29.08.2018.- O novo deseño da Praza da Independencia suporá a actualización da imaxe deste céntrico espazo, que verá desaparecer o tráfico rodado en dous dos seus laterais, creará un novo perímetro arborado a carón dos edificios e modernizará a fonte dando maior realce á alegoría escultórica que a preside. Ademais, a obra prevé a instalación de mobiliario urbano e medidas naturais de drenaxe das augas pluviais.

As actuacións principais previstas no proxecto afectan os dous tramos de rúas que se peonalizan: O da rúa San Roque comprendido entre a esquina do colexio San Francisco e o vértice oposto da praza e o tramo perpendicular que une San Roque con Padre Feijó. Seguindo a liña de optar por materiais duradeiros, resistentes e que precisen pouco mantemento, os solados destas vías faranse integramente en formigón, combinando dous tratamentos diferentes para romper a monotonía.

As zonas que descorren en paralelo ás liñas de vivendas faranse con lousas de pequeno tamaño para gañar en funcionalidade. Será debaixo destas zonas por onde discorrerán as canalizacións de servizos polo que, ao ser lousas independentes, en caso de avarías ou instalación de novos servizos, non será necesario abrir zanxas na vía. Bastará con levantar as lousas.

O corredor que queda entre estas franxas e o contorno dos xardíns permitirá o cómodo fluír de peóns e ciclistas e un maior goce dos espazos públicos por parte da cidadanía. As novas rúas peonís dotaranse de bancos e plantaranse árbores por todo o perímetro.

O tratamento que se lle da á zona axardinada apenas varía a súa configuración actual, posto que a directriz marcada dende o Concello era que se respectasen os elementos escultóricos e ornamentais, símbolos do feito histórico que da nome ao lugar. O cambio máis significativo será a actualización e modernización da fonte central que se abrirá e integrará na praza, eliminando o vaso circular. Con elo lógrase dar un maior realce ao elemento escultórico central e tamén se gaña en accesibilidade, posto que calquera persoa, incluso as que van en cadeira de rodas, poderán achegarse ata as billas para coller auga, algo que agora dificulta a barreira que supón o murete do vaso.

A auga seguirá tendo presenza ornamental no centro da praza posto que instalaranse varios surtidores a nivel do chan rodeando a antiga fonte e que se poderán prender selectivamente a modo de chafarices. Trátase dun modelo similar ao que existe na pontevedresa Praza de Compostela.

Por indicación do Concello, o autor deste proxecto coordinou o seu deseño co arquitecto encargado da humanización da Praza de Galicia, xa que a idea é que os proxectos vaian en sintonía dada a súa proximidade.

Este proxecto encádrase no modelo de cidade que defende o goberno que preside Alberto Varela, que aposta polas peonalizacións para acadar un centro urbano libre de vehículos e onde predomine o uso peonil e ciclista. Tamén incide nos aspectos de mellora da mobilidade e da accesibilidade, posto que desaparecen as barreiras arquitectónicas.

No caso concreto da Praza da Independencia, a humanización resolverá o grave problema de seguridade vial que se rexistra actualmente á hora de entrada e saída do colexio. Nestas horas, a acumulación de escolares e dos adultos que os acompañan ou esperan abarrota a beirarrúa, polo que tanto eles como a xente de paso, vense obrigados a invadir a calzada, co conseguinte risco de atropelo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -