_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello aporta 40.000 euros para os traballos previos da futura residencia da asociación Con Eles

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Tania García, visitaron esta mañá o centro de Con Eles para entregar aos directivos da asociación de persoas afectadas por discapacidades psíquicas o convenio de colaboración mediante o cal o Concello de Vilagarcía aporta 40.000 euros para o proxecto da futura residencia. Estes cartos permitirán á asociación levar a cabo os traballos previos que é necesario acometer nas instalacións actuais para, posteriormente proceder á ampliación do centro de día para a creación do servizo complementario de residencia. Estas obras consisten na adaptación das dependencias á nova normativa para este tipo de servizos asistenciais.
30.08.2018.- Coa firma deste convenio con Con Eles o executivo socialista cumpre o compromiso adquirido co BNG durante a negociación dos presupostos municipais deste ano. O alcalde, explicou que, aínda que a iniciativa foi unha proposta que partiu do grupo nacionalista “asumímola por completo sen ningún tipo de dúbida porque somos coñecedores do necesario e urxente que é contar con esta residencia e porque a medida vai na liña de compromiso social que segue este goberno”. Varela lembrou que o compromiso adquirido co BNG esténdese ao ano 2019, cunha segunda achega económica para o proxecto de Con Eles “que se materializará unha vez se aproben os orzamentos do próximo exercicio”.

O xerente do centro de día Con Eles, Nacho Rey, agradeceu esta axuda do Concello de Vilagarcía “que nos permitirá ir adaptando as instalacións actuais mentres imos tramitando as licencias das posteriores obras de ampliación para a residencia”. O xerente explicou que o novo servizo é moi necesario porque os seus usuarios vanse facendo maiores e, tamén as súas familias, polo que chega un punto en que non son capaces de atendelos, por iso é necesaria unha residencia onde poidan vivir e poidan contar cos coidados e atencións que necesitan as persoas con discapacidades como as que teñen os seus usuarios.

O voceiro do BNG, Xabier Ríos, apuntou que “as administracións débense implicar para resolver este tipo de problemáticas que afectan a colectivos desfavorecidos porque non é de recibo que todo o peso recaia nas familias, por iso presentamos esta proposta”.

Rey apuntou que para a residencia construiranse sobre o actual edificio, unha sobre planta de 900 metros cadrados e unha segunda duns 400. Terá capacidade para 36 usuarios e deberá contar tanto con habitacións dobres como individuais totalmente adaptadas. O proxecto precisa dun orzamento de 1 millón de euros, aparte dos equipamentos con que dótalo unha vez realizado.

Dado o elevado investimento que precisa –incrementado polas condicións específicas que teñen que ter este tipo de centros para adaptalos ás necesidades especiais dos seus usuarios- as obras executaranse en dúas fases. A primeira consistirá en levantar estrutura dos dous andares superiores, con paredes e tellado, e na segunda xa se remataría o interior.

Tanto o alcalde como os propios representantes de Con Eles coincidiron en demandar a implicación da Xunta de Galicia neste proxecto social. Varela indicou que, pode que a achega municipal pareza pouca cousa dado o montante global do proxecto, pero para as posibilidades do Concello é un esforzo importante, que facemos con gusto, pero que tería que ser a Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias na materia, a que debería financiar a construción da residencia”.

Ademais, o rexedor lembrou que “houbo un grupo da Corporación que asegurou nun Pleno que Con Eles non precisaba cartos para construír a residencia. Queda claro que non era certo o que dicían”. Ríos engadiu que o BNG demandou hai meses ao goberno da Xunta que colaborase no proxecto, petición que non tivo resposta “polo que seguiremos reclamándoo”.

O vicepresidente de Con Eles, José Luis Queiruga explicou que ata hai uns anos a Xunta subvencionaba este tipo de proxectos socias con fondos europeos “pero dende que se acabaron, non dan ningún tipo de financiación, e cremos que deberían dala”. O representante da asociación tamén lembrou que aínda que se empraza en Vilagarcía, Con Eles atende a usuarios de 12 municipios da contorna: “trátase dun centro supramunicipal polo que o lóxico sería contar con financiamento da Deputación e da Xunta”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -