_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Nove comunidades concorren ás subvencións municipais para a limpeza e conservación dos montes

Nove comunidades de montes veciñais de Vilagarcía concorreron á convocatoria da liña de axudas á prevención de incendios forestais que ofrece o Concello de Vilagarcía. De xeito individual, ou colectivo, as entidades de comuneiros presentaron catro proxectos diferentes para actuar tanto en materia de prevención de lumes e conservación dos montes. A suma do custe dos proxectos ascende a 91.744 euros. O Concello dispón dunha partida de 85.000 euros para financiar as axudas (15.000 euros máis que o ano pasado).
01.09.2018.- As comunidades de montes de Fontecarmoa, Loenzo e Bamio presentaron cadanseu proxecto para levar a cabo tarefas de describe, roza e triturado dos restos vexetais procedentes das anteriores. O custe da actuación proxectada en Fontecarmoa ascende a 7.260 euros, mentres que a de Loenzo está presupostada en 12.610 e a de Bamio en 13.300 euros.

A proposta mancomunada ten un presuposto total de 58.573 euros que se distribúe con actuacións nos montes de Rubiáns (por importe de 6.358 euros), Trabanca Sardiñeira (5.954), Trabanca Badiña (2.953), cea (14.013), Guillán (15.000) e Sobrán-Vilaxoán (14.215 euros).

A deste ano é a segunda convocatoria da liña municipal de axudas creada polo Concello de Vilagarcía para axudar ás comunidades de montes a manter en bo estado as masas forestais e evitar os incendios forestais que cada ano arrasan miles de hectáreas en Galicia.

A través desta liña pódese financiar unha ampla variedade de actuacións tendentes á conservación dos montes, como a creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal, así como rareos da masa arbórea. Con estas axudas tamén se poden financiar obras para dotar aos montes das infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -