_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Xa se poden solicitar as axudas municipais á accesibilidade para comercios e pequenos negocios

O Concello de Vilagarcía abre mañá, 4 de setembro, o prazo para solicitar as axudas municipais para a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas destinadas a profesionais autónomos, microempresas e pequenas empresas situadas no municipio. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases que regularán a concesión das subvencións coas que comercio, hoslatería e pequenos negocios poderán financiar o 100 das obras de eliminación de barreiras ata un máximo de 1.000 euros.
03.09.2018.- O Concello habilitou unha partida de 30.000 euros para financiar esta nova liña de axudas coas que se pretende garantir que os cidadáns poidan acceder sen problema aos pequenos establecementos comerciais e de servizos da cidade que aínda non están adaptados á nova ley de accesibilidade por ser anteriores á súa entrada en vigor. Actualmente, moitos dos negocios anteriores á lei presenten escalóns ou desniveis que dificultan o libre e cómodo acceso de persoas con problemas de mobilidade, que van en cadeira de rodas, ou mesmo dos que levan carros de bebé.

Serán subvencionables as obras realizadas a partir de 1 de xaneiro de 2018 e o prazo para solicitar as subvencións ao Concello remata o 20 de novembro. As bases da convocatoria, onde figuran os requisitos a cumprir e a documentación a presentar, e os formularios poden obterse no taboleiro de anuncios da web municipal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -