AVISOS
Ábrese o segundo prazo de solicitude das axudas municipais para compra de material escolar O Concello de Vilagarcía lembra que xa está aberto o segundo prazo para solicitar as axudas municipais á escolarización de alumnos de Educación Infantil. As familias que non tramitaran a solicitude no prazo de xuño poderán facelo ata o 15 de setembro co obxectivo de acceder ás bolsas de 60 euros que o Concello concede para contribuír a financiar os gastos de compra de material escolar para os alumnos deste nivel.
03.09.2018.- O Concello dispón dunha partida de 15.000 euros, algo superior ao do ano pasado, para financiar estas subvencións, para as clases se destina orzamento das concellerías de Educación e de Servizos Sociais. Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que a administración local fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas, que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar.
Os interesados poden obter os formularios e consultar as bases no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.es ou nos departamentos municipais de Educación e Servizos Sociais. As solicitudes deberán presentarse no rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas.
As Axudas Municipais á Escolarización Infantil que convoca dende hai anos o Concello de Vilagarcía para aliviar o desembolso das familias para a compra de materiais a principio de curso, incluíron este ano unha importante novidade en favor das familias: O adianto do prazo de solicitude ao mes de xuño, co obxecto de que os beneficiarios puideran cobrar os 60 euros da subvención antes do inicio do curso escolar. Isto foi posible porque o baremo dos criterios económicos fíxose través dos datos da última declaración do IRPF do ano 201, dispoñibles no mes de agosto a través do Ministerio de Facenda.
Maila esta avantaxa, para que ninguén corra o risco de quedar fora da convocatoria, o Concello estableceu un segundo prazo de solicitude en setembro, aínda que neste caso, as axudas xa se cobrarán co curso iniciado e o desembolso realizado polas familias.