_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O goberno plantea bonificacións no IAE, ICIO e IBI a empresas e autónomos para fomentar o emprego

O grupo de traballo para a revisión das ordenanzas fiscais do Concello reuniuse esta mañá co obxectivo de continuar avanzado na actualización de taxas municipais a aplicar no ano 2019. Na xuntanza, á que acudiron representantes de todos os grupos da Corporación, a voceira do goberno e a concelleira de Facenda presentaron a proposta socialista de creación de novas bonificacións no IAE, IBI e ICIO destinadas a empresas e autónomos co obxectivo de fomentar a creación de emprego. No encontro tamén se entregou á oposición o borrador da nova ordenanza que ten previsto gravar ás grandes compañías subministradoras de enerxía polos tendidos e canalizacións instalados en dominio público municipal.
06.09.2018.- O goberno local plantea a creación das novas bonificacións para empresas de nova creación ou que amplíen instalacións, co obxectivo de acadar a distinción de Concello Emprendedor “Doing Business”, que concede a Xunta de Galicia, e a de incentivar á creación de emprego. A proposta do executivo establece bonificacións por tramos que poden chegar ata o 95% do importe do recibo e que se establecen en función do número de postos de traballo creados.

Aínda que as directrices da administración autonómica só se refiren á empresas, o executivo socialista propón ampliar estas bonificacións aos autónomos, co obxectivo de que tamén se poidan beneficiar delas os pequenos emprendedores, sector de bastante importancia na economía local. En principio, as bonificacións terían unha aplicación de 3 anos, tendo os beneficiarios que xustificar convenientemente a creación de postos de traballo e o mantemento dos mesmos ao longo do período no que se lles aplicará o desconto fiscal.

Por outro lado, a concelleira de Facenda, Luz Abalo, entregou aos grupos un borrador da nova ordenanza fiscal que gravará as instalacións das empresas subministradoras de enerxía (electricidade, gas e hicrocarburos). A redacción da ordenanza para regular esta taxa foi contratada á consultora Noroeste Local S.L., especializada neste tipo de normativa. A taxa gravará ás instalacións (tendidos ou canalizacións) que estas grandes compañías utilizan para transportar e distribuír os seus subministros entre a cidadanía e que discorren polo dominio público municipal.

A creación desta taxa en Vilagarcía faise tras estudar a aplicación da mesma en outros municipios galegos (Arteixo) e de España (Serradilla, en Cáceres e Villalcampo, en Zamora) e as sentenzas do Tribunal Supremo avalando a súa legalidade. O Tras os recursos presentados por algunhas compañías, o Supremo recoñece a competencia dos concellos para catalogar como construcións as liñas eléctricas de alta tensión e as canalizacións de gas de cara ao cálculo da base impoñible da taxa por utilización do dominio público local.

A creación e aplicación da nova taxa polos tendidos e canalizacións ás empresas distribuidoras de gas e electricidade suporá unha nova fonte de ingresos para as arcas municipais. A medida permitirá continuar avanzando na xusta distribución da carga fiscal que persegue o executivo socialista para garantir que todo o mundo (tanto persoas físicas como xurídicas) contribúa ao sostemento dos gastos públicos e, de forma especial, que aporte máis quen maior capacidade económica ten, como é o caso das grandes corporacións empresariais.

Tras a reunión de hoxe, o grupo de traballo volverá a reunirse o vindeiro xoves co obxectivo de que os grupos da oposición trasladen as súas impresións e propostas en relación a ámbalas dúas propostas do goberno local. No caso das bonificacións para incentivar a creación de Emprego, deberán concretar aspectos como os tramos, a porcentaxe de desconto por traballador, o período de aplicación das bonificacións ou o sistema de xustificación da creación dos postos de traballo e do mantemento dos mesmos ao longo dos anos que se aplique o desconto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -