_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Xa se poden solicitar as axudas municipais para alumnos universitarios e de ciclos superiores

O Concello de Vilagarcía informa de que xa se poden solicitar as axudas municipais para estudos universitarios e de ciclos superiores. O prazo para realizar o trámite abriuse hoxe, despois de que o BOP publicase onte a convocatoria da terceira edición destas subvencións creadas polo goberno de Alberto Varela. As bolsas para estudantes universitarios serán de 400 euros e para estudantes de ciclos superiores de FP ou UNED de 200 euros. O Concello dispón dunha partida de 40.000 euros para financiar esta medida de carácter social, cuxo prazo de solicitude remata o 5 de outubro.
07.09.2018.- Esta liña de axudas está destinada a para estudantes universitarios/as e de ciclos superiores de formación profesional que, residindo en Vilagarcía de Arousa, realicen os seus estudos fóra do termo municipal no curso 2017/2018. Esta será a terceira convocatoria desta liña de axudas creadas polo executivo socialista para garantir que os fillos de familias con economías máis febles puideran continuar a súa formación realizando estudos universitarios ou superiores que, como se sabe, supoñen un custe que non todas as familias poden asumir. Por iso as axudas concédense en base aos niveis de renda familiar.

Este ano, o goberno modificou algúns requisitos para garantir que todas as familias que realmente o precisen poidan acceder ás axudas, anulando desta convocatoria o punto da Lei de Subvencións de Galicia, que condiciona a concesión de axudas a que os solicitantes estean ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non teñan débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen. Dende o executivo socialista considérase necesario aplicar esa excepción xa que estas axudas municipais están dirixida ás familias con niveis de renda máis baixos e que, polo tanto, poden ter alguna débeda debido a esta mesma circunstancia.

Outra novidade afecta ás rendas dos irmás menores de 25 anos dos solicitantes, xa que os seus ingresos, se os tivera, antes eran imputados á renda familiar no 100%, e agora só nun 50%.

A convocatoria tamén introduce unha medida de apoio ás familias de especial consideración ás que se refire a lei de familia 3/2011: No caso de familias monoparentais ou numerosas, incrementarase nunha persoa o número de membros que compoñen a unidade familiar. Se son familias acolledoras ou teñen ao seu cargo a persoas dependentes, con discapacidade ou maiores, engadirase un membro á unidade por cada unha delas. Se esa persoa non é considerada membro computable segundo o sinalado neste apartado, o solicitante manifestará a inclusión dela na unidade familiar e o da súa parella se a tivera.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -