_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello informa sobre os requisitos formativos para acceder á selección de alumnos do obradoiro FORME 18

Ante o inminente inicio por parte do Servizo Público de Emprego (antigo INEM) da realización das sondaxes para a selección de aspirantes a participar no obradoiro de emprego FORME 18 que porá en marcha o Concello de Vilagarcía a partir de outono, a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Vilagarcía informa á poboación desempregada dos requisitos formativos que se deben cumprir para acceder ao proceso selectivo en ámbalas dúas especialidades que se impartirán.
10.09.2018.- Para participar como alumno no módulo de Carpintería e Moble non se esixirán requisitos académicos nin profesionais. Os alumnos que completen esta formación recibirán o Certificado de profesionalidade NIVEL 1.

Os alumnos que participen no obradoiro e rematen a formación na especialidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante obterán o Certificado de profesionalidade NIVEL. Para acceder ao obradoiro nesta modalidade, os alumnos aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos formativos:

a) Estar en posesión do Título de Bacharelato
b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo o módulos formativos e/o do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder.
c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
d) Cumprir o requisito académico de acceso os ciclos formativos de grado superior , o ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

O FORME 18 está destinado á formación e mellora da empregabilidade de desempregados de 18 anos en diante. Nesta ocasión desenvolverase un módulo de Carpintería e moble e outro de Promoción turística e información ao visitante, en cada un dos cales poderán formarse 10 alumnos. O obradoiro, que inclúe formación teórica e práctica laboral, terá unha duración de 9 meses nos cales os alumnos disporán dun contrato remunerado. Como novidade deste ano, no que se implanta o obradoiro dual, os alumnos que superen satisfactoriamente a formación, poderán realizar prácticas en empresas da zona durante outros 3 meses.

As persoas interesados en participar neste proxecto e que cumpran os requisitos mencionados deberán dirixirse á Oficina de Emprego do Servizo Publico de Emprego e manifestar o seu interese en participar en dito Obradoiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -