_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
XUVENTUDE
O ciclo de profesionalización musical “Achégate aos Locais!” ofrece formación, concertos e jams sesións durante cinco días

A Concellería de Xuventude de Vilagarcía pon en marcha do 26 ao 30 de setembro unha nova e máis completa edición dos obradoiros de profesionalización musical “Achégate aos Locais”. O ciclo de “R-Evolución musical” amplía este ano a súa programación con cinco días de actividades que inclúen dende a formación en todas as etapas do proceso musical (dende a interpretación, produción, márketing ou facturación) á obradoiros, exposicións, coloquios ou jam sessións.Todas as actividades son de asistencia gratuíta e aberta, polo que non é preciso inscribirse previamente, e serán impartidas ou dirixidas por músicos e profesionais de distintas ramas do sector.
A Concellería de Xuventude de Vilagarcía pon en marcha do 26 ao 30 de setembro unha nova e máis completa edición dos obradoiros de profesionalización musical “Achégate aos Locais”. O ciclo de “R-Evolución musical” amplía este ano a súa programación con cinco días de actividades que inclúen dende a formación en todas as etapas do proceso musical (dende a interpretación, produción, márketing ou facturación) á obradoiros, exposicións, coloquios ou jam sessións.Todas as actividades son de asistencia gratuíta e aberta, polo que non é preciso inscribirse previamente, e serán impartidas ou dirixidas por músicos e profesionais de distintas ramas do sector.

A concellería que dirixe Sonia Outón organiza o programa “Achégate ao Salón!” co obxectivo de contribuír na formación dos usuarios dos Locais de Ensaio, principalmente xóvenes que están empezando no mundo da música, e a todo aquel que pretende avanzar na profesionalización da actividade musical. A actividade plantéase porque en Vilagarcía existe unha importante afección a este arte e un elevado número de formacións musicais e bandas de todo tipo, pero que na meirande parte dos casos non chegan a saltar ao ámbito profesional debido a falta de información ou formación específica.

Para axudar a estas bandas e músicos emerxentes da cidade Xuventude bota man dos profesionais do mundiño cos que conta Vilagarcía e a súa contorna: músicos, técnicos, promotores, programadores, publicistas, empresarios musicais… En torno a 45 músicos e 12 relatores galegos e do ámbito nacional toman parte na iniciativa coa que Xuventude tamén pretende dar a coñecer os Locais de Ensaio Municipal que o Concello pon a disposicións de bandas e músicos de xeito gratuíto.

A actividade formativa diríxese tamén aos demais profesionais do mundo da música, polo que este ano haberá un apartado formativo dedicado especialmente á nova Lei de Espectáculos de Galicia que introduciu importantes cambios que deben ter en conta, por exemplo, os locais e salas que programan concertos ou actuacións musicais e mesmo ás propias administracións.

Sonia Outón sinalou que a gran acollida que tivo a primeira edición do “Achégate aos Locais”, cunha asistencia total de en torno a 200 persoas nunha fin de semana, foi a razón de que este ano se apostase por ampliar a programación a 5 días. Pola súa banda, o xestor da actividade, Diego Basadre, apuntou que o ciclo de Vilagarcía “é algo único en Galicia, ao reunir tanto actuacións musicais, como actividades formativas, encontros e jams sesions nun único programa. Basadre engadiu ademais que “este ano temos un programa completísimo que toca todos os paus, con relatores e músicos alto nivel, algúns dos cales están traballando no estranxeiro, e no que combinamos formación ao apartado lúdico, polo que tanto pode estar interesado nas actividades un músico, como calquera persoa á que simplemente lle guste a música. Vai a ser todo moi dinámico e divertido”.

Entre a lista de participantes atópanse o guitarrista arousán Nacho Pérez; o percusionista Pepe Santamaría; o rapeiro e pedagogo García MC; o baterista Dani Domínguez; o profesor da Escola Municipal de Música de Vilagarcía, Alberto Estévez; e o guitarrista vilagarcián fundador do grupo Cornelius, Antonio Casado. Todos eles impartirán as súas clases nos propios salóns de Ensaio.

Na Sala de Conferencias do Auditorio desenvolveranse as charlas técnicas que impartirán Manuel Alonso, xerente de Músicos ao Vivo; Diego Basadre, técnico de son e sistemas; Enma Castañeiras, directora de arte; Paco Loco, músico e produtor asturiano; Xosé M. Blanco, membro da Asociación Galega de Empresas Musicais e un dos expertos que participou na elaboración da nova Lei de Espectáculos de Galicia; Susana Laya, co directora do festival Atlantic Fest e Xabier Abreu, produtor musical e coordinador de contidos en Regalamúsica.

Tamén se desenvolverán charlas informais no ambigú do Auditorio, como a que ofrecerá o xornalista musical, Tito Lesende. E na sala de exposicións instalarase unha mostra de fotografías de Peto Leal e haberá unha proxección de cine da man do Cine Club Ádega.

Por último, durante os cinco días do “Achégate aos Locais” desenvolveranse actuacións musicais. Na explanada do Auditorio haberá jams sessions abertas á participación de todo o que desexe tocar, a partir das 22:30 horas e sesións golfas ás 13:30 horas.

Consulta aquí o programa completo, horarios e currículos dos relatores e músicos participantes:


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -