_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Esta semana arranca a primeira fase da renovación urbana do entorno de Matosinhos

As obras da primeira fase do proxecto de Renovación Urbana do entorno de Matosinhos arranca esta semana. Os primeiros días, a adxudicataria realizará os traballos de sinalización e delimitación da área de traballo e realizará as catas e medicións pertinentes. A continuación darán comezo as obras propiamente ditas, as cales se desenvolverán por tramos para causar as menores molestias posibles aos viandantes e veciños. A actuación, na que o Concello inviste 219.685 euros de fondos propios, inclúe a renovacións das redes de auga e saneamento, a mellora da accesibilidade nesta frecuentada zona de acceso aos colexios e o acondicionamento estético dun barrio non que non se actúa de forma importante dende hai décadas.
14.09.2018.- A reforma empezará pola zona de acceso á Escola Infantil Municipal. O Concello informou hai uns días á dirección do centro sobre a actuación e empresa adxudicataria, Excavaciones Ivanca, xunto con técnicos municipais reuniranse esta coas responsables do centro educativo para organizar os cambios temporais mentres dure este tramo da obra. Como a actual porta de entrada quedará inutilizada, abrirase un acceso no lateral do patio que se orienta cara o parque infantil de Matosinhos. A porta principal volverá quedar operativa tan pronto como se acondicione este espazo. Mentres, recoméndase ás familias que accedan ao centro dende a Rúa Matosinhos, igualmente que aos estudantes que acoden a pé aos centros da Lomba, posto que, por motivos de seguridade, non se permitirá o paso polos tramos nos que se vaia traballando.

Mellora da canalización do regato

Unha vez rematada esta zona, os traballos trasladarase á parte situada entre a escola infantil e os edificios que dan a Doutor Tourón, onde antes de nada, está previsto acondicionar debidamente a canalización do regato que discorre soterrado, unha actuación de importancia tendo en conta os problema de asolagamento que se rexistran neste barrio.

Seguindo este esquema de actuación por tramos irase completando toda a área proxectada na primeira fase da reforma, que comprende a zona que vai dende a entrada principal da gardería ata o fronte da avenida Doutor Tourón.
A intención do goberno local era comezar esta actuación a principios do verán, pero os prazos legais do procedemento de contratación sumado ao elevado número de empresas que concorreron ao concurso, un total de 31, demoraron o inicio máis do previsto. En calquera caso, a empresa comprometeuse a axilizar os traballos para adiantar o máximo posible as obras antes do inicio da tempada de chuvias.

Unha vez rematada a primeira fase que comeza esta semana, completarase o proxecto cunha nova actuación no resto da contorna do Parque de Matosinhos.

A seguridade dos peóns, principal obxectivo do proxecto

O principal obxectivo deste proxecto é garantir a accesibilidade e protexer aos peóns. Para conseguilo, o acceso dende Doutor Tourón ata a Escola Infantil converterase nun paseo peonil. As actuais beirarrúas, que teñen pouco máis de medio metro de ancho e moito alto, desaparecerán para quedar todo o paseo ao mesmo nivel e cun firme regular, para o cal se utilizará o formigón tratado como principal materia prima.

Tamén se actuará nos pasos que comunican a Avenida Matosinhos con esta zona. Para salvar a importante diferenza de cota actual, construiranse ramplas de pendente axeitada a fin de permitir un cómodo paso de persoas con problemas de mobilidade ou carros de bebés. Na zona de escaleiras do inicio da Avenida Matosinhos tamén se construirán ramplas e se mellorarán as beirarrúas na área afectada de Doutor Tourón.





4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2018  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -