_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
“A Cabeza do Dragón” de Valle Inclán inaugura a temporada teatral de outono no Auditorio

A tempada teatral de outono ábrese este ano no Auditorio coa obra de Ramón María del Valle-Inclán “A Cabeza do Dragón”. O espectáculo de Producciones Teatrais Excéntricas foi o éxito do ano en Galicia, sumando xa máis de 40 representacións e 20.000 espectadores, ademais dunha larga lista de galardóns. A función representarase en Vilagarcía o sábado 29 de setembro ás 21:00 horas e as entradas xa se poden adquirir ao prezo de 5 euros. Co obxecto de facilitar o acceso ao ciclo teatral, a Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía estrea con esta función o sistema de entrada de balde para parados, xóvenes e maiores de 65 anos que acrediten a súa condición.
18.09.2018.- “A Cabeza do Dragón” é unha das farsas que Valle Inclán incluíu na colección titulada “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. Neste texto, o autor relata a viaxe ao corazón do dragón, un mito que se repite en diferentes culturas do mundo. A adaptación de Valle enriquece a fábula con elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso… Dende o humor, a función toca temas como a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.

Para a posta en escena de “A Cabeza do Dragón”, Producciones Excéntricas bota man da estética xaponesa e da tradición da farsa europea, utilizando máscaras, combates acrobáticos, coreografías e música para vestir esta divertida historia dirixida por Quico Cadaval, quen tamén forma parte do elenco xunto con María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez.

Catro premios María Casares

"A Cabeza do Dragón", o primeiro Valle-Inclán en galego, é non só o grande éxito da tempada teatral sino que é todo un acontecemento cultural en Galicia. Gañou 4 premios de teatro María Casares nas seguintes categorías: Quico Cadaval (Mellor Adaptación/Tradución), Iván Marcos (Mellor Actor Protagonista), Víctor Mosqueira (Mellos Actor Principal) e Suso Montero (Mellor Vestuario). Ademais de ser finalistas Quico Cadaval (Mellor Dirección), Josito Porto (Mellor Actor de Reparto) e Baltasar Patiño (Mellor Iluminación).

“A Cabeza do Dragón” chega a Vilagarcía no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios financiado por Concello e Agadic.
As entradas para “A Cabeza do Dragón” pódense adquirir anticipadamente (máis custes de xestión) en http://www.ticketeca.com e no teléfono 902044226. Tamén estarán á venta o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas. Para obter a entrada de balde será necesario acreditar a condición de beneficiarios no control de acceso: Desempregados (tarxeta desemprego), estudantes (carné xoven) e maiores de 65 anos (DNI).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -