_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O bono trasporte do VaiBus! Acada as 300 tarxetas mensuais

As medidas postas en marcha polo Concello de Vilagarcía para fomentar o uso do transporte colectivo no municipio están obtendo resultados moi positivos. O bono transporte subvencionado pola administración local, O VaiBus, acada as 300 tarxetas operativas cada mes, mentres que as o VaiBus+!, as liñas de autobús que conectan a cidade co Hospital do Salnés , seguen gañando usuarios obtendo unha media diaria de 50 viaxeiros, segundo os datos ofrecidos pola empresa concesionaria, o grupo Abalo.
18.09.2018.- O bono transporte do VaiBus! foi a primeira medida posta en marcha polo goberno socialista para mellorar a Mobilidade e fomentar o uso do transporte urbano colectivo. Grazas á subvención do Concello, os usuarios poden dispor dunha tarxeta que polo prezo reducido de 20 euros ao mes permite realizar viaxes ilimitadas nas liñas de transporte urbano existentes no municipio.

O sistema está funcionando dende xullo de 2017 e goza de boa saúde, a xulgar polas estatísticas que facilita a concesionaria, que rexistra unha media de 500 viaxes ao día aboados coa tarxeta do VaiBus!. Dende o 1 de xaneiro ao 1 de setembro, téñense contabilizado 104.024 desprazamentos co abono transporte de Vilagarcía. A concesionaria explica que realiza entre 250 e 300 recargas de tarxeta cada mes.

Ademais, dende finais de maio de 2017, funcionan tamén aos 7 servizos diarios para conectar a cidade co Hospital Comarcal do Salnés. O Concello puxo en marcha este servizo, denominado VaiBus+! para paliar a carencia de conexións en autobús ata o centro hospitalario, unha antiga demanda dos veciños. Con financiamento municipal, o grupo Abalo puxo en marcha 5 liñas ao día, que se complementan con outras dúas que presta a concesionaria. O bus ao hospital, que funciona de luns a venres, conta con 1000 usuarios aos mes, o que ven a supoñer unha media 50 viaxeiros cada día. O prezo do billete deste servizo é de 1,35 euros, que se reduce algo máis si se compra o de ida e volta.

Os horarios do servizo de autobús ao hospital son: de IDA (Vilagarcía-Hospital): 7.30, 8.30, 9.30, 10.30, 11.30, 12.15 e 13.30 horas; e de VOLTA (Hospital-Vilagarcía): 8.15, 9.15, 10.15, 11.15, 12.15, 12.40 e 14 horas.

O punto de partida é a dársena do Cavadelo e ten paradas na rúa San Roque, fronte ó ambulatorio; na recta de Rubiáns, á altura do cemiterio; e na mesma estrada, no cruce para Rubiáns e Zamar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -