_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
DEPORTE
A Fundación abre o prazo de inscrición nas actividades de inverno para adultos

A Fundación Municipal de deportes abriu hoxe o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de adultos que se impartirán de outubro a xuño. Os interesados poderán elixir entre as 9 especialidades deportivas que se ofertan para persoas maiores de 16 anos: ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga, pilates, e circuitraining. Os interesados dispoñen de prazo ata o día 3 de outubro para formalizar as súas inscricións.
17.09.2018.- Os formularios das actividades pódense recoller na mesma sede da Fundación de Deportes, sita en Fexdega, ou premer dende o taboleiro da web municipal. Ademais do formulario xeral, para 8 das actividades, súmase un específico para pilates, especialidade que contará tamén este ano con 10 grupos e horarios entre os que se poderán decantar os interesados. Tamén está dispoñible o formulario de solicitude e renovación de carné, cuxo prazo tamén está aberto.

Prezos

O carné individual xenérico de socio da Fundación ten un custe de 45 euros e o familiar 60, e serve para realizar as actividades durante todo o ano. Tamén hai cotas bonificadas para xóvenes e maiores de 65 anos, e descontos por nivel baixo de ingresos e para familias numerosas, segundo se recolle nas follas de solicitude.

Se non se quere obter o carné, os adultos poderán anotarse nas actividades cada trimestre por 18 euros (ata o máximo de 4 actividades).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -