_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Concello e Arousa en Bici invitan a participar no paseo nocturno de mañá

O Concello de Vilagarcía e a Asociación Arousa en Bici invitan aos veciños a participar na marcha cicloturista que se celebrará mañá pola noite para celebrar o Día Sen Coches que se conmemora a nivel mundial cada 22 de setembro. O xa tradicional paseo nocturno en bici que descorrerá de Vilagarcía a Vilaxoán e Carril pro beiramar partirá ás 21:00 horas da zona do Cavadelo.
21.09.2019.- A participación na marcha nocturna, de carácter lúdico non competitivo, esta a aberta a todo o mundo e non ten límite de idade O percorrido será similar ao de anos anteriores: iníciase na zona do Cavadelo para discorrer polo carril bici de Valle Inclán, cara Vilaxoán por beiramar, dar a volta á altura da praia do Preguntoiro e regresar a Vilagarcía polo mesmo lugar. No parque do Centenario seguirase polo carril bici para ir ata Carril polo paseo marítimo e regresar a Vilagarcía seguindo este mesmo percorrido.

Esta actividade forma parte do programa organizado polo Concello e Arousa en Bici con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Ademais do paseo e bici, está prevista unha nova edición do circuíto de circulación viaria para escolares e público en xeral que se desenvolverá na Praza da segunda República o xoves e o venres en horario de mañá e tarde.

A Semana Europea da Mobilidade leva este ano por lema “Combina e móvete” coa finalidade de promover a combinación de medios de transporte alternativos ao coche particular (bus, bici, coche compartido e a pé) para reducir o tráfico rodado, a contaminación e acadar cidades nas que predomine o uso peonil, máis seguras e libres de ruídos e contaminación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -