MEDIO AMBIENTE
A Protectora esterilizou no que vai de ano 70 gatos silvestres para controlar a poboación das colonias A Asociación Protectora de Animais, xestora do Refuxio Municipal de Animais de Pinar do Rei, está levando a cabo un programa de control das colonias de gatos que proliferan nas rúas da cidade. A través do denominado protocolo CES (captura, esterilización e solta) a entidade leva realizado no que vai de ano 70 intervencións de esterilización a outros tantos animais. A labor para controlar a poboación gatuna impleméntase cos gatos abandonados que chegan ao refuxio de Pinar do Rei a través doutros medios, e que no quei de ano supuxeron a realización de 112 operacións cirúrxicas.
24.09.2016.- O Concello de Vilagarcía puxo en marcha en 2016 o protocolo CES en Vilagarcía para tratar de atallar a problemática que se estaba a rexistrar do crecemento incontrolado da poboación de gatos de rúa. A través deste protocolo, persoal da Protectora se encarga de capturar aos gatos que viven en colonias no centro da cidade, sometelos a unha operación de esterilización no quirófano de inar do Rei e, unha vez recuperados, volvelos a soltar no mesmo lugar no que foron capturados. Tamén se aproveita o proceso para desparasitalos e marcalos co obxecto de identificalos e que non volvan a ser capturados a través deste programa. Ademais, o persoal da Protectora promove a adopción responsable dos exemplares máis dóciles e que se considera que poden facerse á vida doméstica.
Dos 70 gatos que s elevan esterilizado no que vai de ano a través do protocolo CES de control de colonias, a maioría foron femias (un total e 45) fronte a 25 machos. Cómpre salientar que este tipo de ciruxía é máis complexa e custosa no caso das femias que na dos machos.
Tamén no que respecta aos gatos abandonados ou que chegaron ao Refuxio de Animais a través doutros medios e que foron esterilizados, predomina as femias. Foron un total de 66 fronte a 46 machos.
O Concello de Vilagarcía ten asinado un convenio de colaboración coa asociación Protectora de Animais de Vilagarcía mediante o cal contribúa ao financiamento da xestión do Refuxio Municipal de Animais de Pinar do Rei, así como aos programas que desenvolve a entidade que se ocupa tanto da recollida de cans coma de gatos.
O Concello elevou este ano a achega ata os 25.000 euros anuais, cantidade á que hai que sumar os 5.000 euros investidos na adaptación das instalación de Pinar do Rei para a obtención da declaración de Núcleo Zoolóxico, homologación que, entre outras cuestión, permite a adopción internacional de animais, unha medida moi positiva dado o interese de persoas de Inglaterra e Alemaña por adoptar animais, especialmente cans, da canceira vilagarciá.