_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O concello eleva un 34% a dotación económica dos premios a iniciativas emprendedoras de Vilagarcía

A Concellería de Promoción Económica e Emprego eleva este ano a dotación económica dos Premios a Iniciativas Emprendedoras do Concello de Vilagarcía. A Xunta Local de Goberno aprobou onte as bases que rexerán a segunda edición deste incentivo á cultura do emprendemento que teñen como principal novidade o aumento substancial da partida destinada aos gañadores que se eleva aos 12.080 euros, un 34% máis que o pasado ano. Unha vez aprobadas as bases, estas emitiranse ao BOP para a súa publicación, momento a partir do cal se abrirá o prazo de presentación de candidaturas.
25.09.2018.- En lugar dos 3 premios de 3.000 euros da primeira edición, este ano estableceranse diferenzas. O primeiro clasificado recibirá como axuda económica para a posta en marcha do seu negocio un total de 5.950 euros; o segundo 3.570 e o terceiro 2.380. Ademais, os premios unifícanse nunha mesma categoría, a de “Proxecto innovador co aproveitamento dos recursos locais”.
Ademais, e como xa se fixo na edición anterior, os gañadores contará coa promoción das súas iniciativas empresariais e beneficiaranse dunha etapa formativa de tres meses de duración na que mentores especializados ofreceranlles asesoramento individualizado para a posta en marcha do seu negocio e para unha xestión exitosa do mesmo.

Cone sta convocatoria, o Concello de Vilagarcía pretende premiar as iniciativas emprendedoras de carácter local e favorecer a visibilidade dos emprendedores, impulsando a creación de novas empresas que na súa formulación e desenvolvemento favorezan o desenvolvemento económico do municipio, a elaboración de novos produtos e procesos e a optimización dos recursos locais.
Os premios están dirixidos a emprendedores, startups, micropymes, autónomos de diversos campos, estudantes universitarios ou de ciclos que teñan un proxecto de negocio viable en fase de desenvolvemento.

As iniciativas que desexen concursar deben ser proxectos innovadores que incorporen a innovación de ideas, procesos ou tecnoloxías, para desenvolver, aproveitar ou reciclar os recursos propios da nosa zona. Ademais, deben promover a economía azul, orientada a responder as necesidades básicas de todos os recursos locais dispoñibles; e valorarase a creación de emprego e o coidado do medio ambiente.

Poderán participar as empresas en fase de lanzamento, desenvolvemento do proxecto ou de recente creación que non superen os 24 meses de antigüidade no momento de publicación das bases dos premios e que desenvolvan a súa actividade no Concello de Vilagarcía de Arousa.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -