_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello aproba a concesión das primeiras 119 axudas municipais á escolarización infantil

A convocatoria das Axudas Municipais á Escolarización Infantil que ofrece o Concello de Vilagarcía saldouse este ano coa presentación de 226 solicitudes entre as dúas quendas abertas ao efecto. A Xunta Local de Goberno aprobou onte as subvencións relativas á quenda de xuño, concedendo un total 116. As solicitudes presentadas na quenda de setembro, que se pechou o pasado día 15, resolveranse a mediados de outubro.
25.09.2018.- O Concello de Vilagarcía convoca dende hai anos as Axudas Municipais á Escolarización Infantil co obxectivo de aliviar o desembolso das familias para a compra de materiais a principio de curso. Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar. O Concello dispón este curso dunha partida de 15.000 euros, algo superior ao do ano pasado, para financiar estas axudas, para as cales se destinan orzamentos das concellerías de Educación e de Servizos Sociais.

As axudas consisten nunha bolsa de 60 euros para o gasto que supón a adquisición do material escolar a principio de cada curso. Este ano establecéronse dous prazos de solicitude co obxecto de que as familias beneficiarias que se acollesen a el puidesen cobran a subvención ao inicio da tempada escolar. Esta medida é posible porque en xuño xa están dispoñibles os datos de Facenda das declaracións do IRPF, documento necesario para baremar as solicitudes que se basean no nivel de renda familiar. Para que ninguén quedase forma da convocatoria, mantívose o segundo prazo.

Como se dixo, entre as dúas quendas formuláronse 276 solicitudes. Das 125 rexistradas en xuño, xa se concederon 119, quedando as 6 restantes pendentes de resolución e en período de requirimento de documentación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -