_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O club de lectura “Marcapasos” comeza unha nova andaina no mes de outubro

A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en colaboración co profesor Augusto Guedes pon en marcha en outubro unha nova edición do Club de Lectura Marcapasos. Para este novo curso formarase un grupo de 15 persoas que se reunirán quincenalmente no Auditorio para conversar, debate reo intercambiar impresións sobre a obra literaria que estean lendo nese momento. A inscrición é de balde e o prazo para notarse vai do 1 ao 6 de outubro, trámite que poderán facer na Biblioteca. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
28.09.2018.- O Club de Lectura “Marcapasos” é unha iniciativa promovida pola Biblioteca e varios amantes da lectura. A proposta, que este ano chega á cuarta edición, pretende potenciar e fomentar o pracer da lectura, animar á lectura de novos autores e propiciar a tolerancia cara ideas e opinións contrarios aos nosos a través do debate sobre as lecturas abordadas. A Biblioteca proporcionará aos integrantes do club os títulos que lerán nas súas casas e sobre os que traballarán posteriormente nas reunións grupais.

Con esta proposta amplíase e a oferta da Biblioteca Municipal dando cobertura a un sector da poboación que xa é lector habitual, pero que quere ir máis aló, que quere afondar nas obras literarias, comentalas e compartir e intercambiar opinións con outros lectores, saber algo máis dos autores ou do contexto no que se escribiron ou desenvolven os textos.

Ademais, o club da un novo enfoque á lectura, que pasa de ser un acto íntimo e persoal que se soe facer de xeito individual, a converterse nunha experiencia colectiva e compartida que resulta moito máis enriquecedora ao confrontar opinións, ideas e permitir o debate.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -